De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 29 de abril de 2025 sobre o Plan estruturante de ordenación para a ampliación do parque empresarial da Laracha.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2967).
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
