Mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2025 (DOG do 27 de xaneiro e BOE do 9 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (APL), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.
Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexta. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– Ángel Cobos García, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Manuel Gómez López, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Bruno da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Rocío Arias Vázquez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– Manuel Vázquez Vázquez, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Albina Román Castro, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Tania Ferreiro Portas, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– María Beatriz Barral Montaña, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretario:
– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
