Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 9 de maio do 2025, acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta definitiva de resolución do concurso.
Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por persoal funcionario que superou os últimos procesos selectivos convocados, para asegurar a continuidade na prestación de servizos, cómpre diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata a data en que estes funcionarios elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlles e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de concurso de traslados.
Segundo. En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da resolución do presente concurso efectuarase a partir do día 3 de xuño e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2002, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cesamento deberá efectuarse o día 2 de xuño de 2025.
Terceiro. De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os dous postos adxudicados.
Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.
Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Adxudicación de postos
|
Posto |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Concello |
Nivel |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Subgrupo |
Puntos |
|
3 |
IN.O19.10.000.15001.005 |
Xefatura da Sección de Inspección |
EI |
A Coruña |
25 |
González |
Seijas |
José Manuel |
"Ver PDF" |
C1 |
19,704 |
|
25 |
IN.O19.20.000.36560.018 |
Subinspector/a de consumo |
EI |
Vigo |
18 |
Domínguez |
García |
Rosa María |
"Ver PDF" |
C1 |
23,348 |
|
26 |
IN.O19.20.000.36560.019 |
Subinspector/a de consumo |
EI |
Vigo |
18 |
Pérez |
Rodríguez |
Sabrina |
"Ver PDF" |
C1 |
15,199 |
|
Código |
Consellería |
|
EI |
Emprego, Comercio e Emigración |
