DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do ámbito do solo urbano non consolidado APR-PERI D3.6 na rúa Lagoa.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 13 de febreiro de 2025, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do ámbito do solo urbano non consolidado APR-PERI D3.6 na rúa Lagoa (centro de saúde).

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

O documento estará á disposición na sede electrónica deste concello https://sede.sada.gal e, durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais sitas na avenida do Porto, nº 24, Sada, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Sada, 22 de abril de 2025

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde