DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de primeira como persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 90, do 21 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de primeira de obras e servizos múltiples, para cubrir mediante sistema de concurso-oposición, pola quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria, cando proceda, faranse públicos na sede electrónica do concello, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Friol, 22 de abril de 2025

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde