DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2025 do Concello de Guitiriz.

Na Xunta de Goberno Local, do 2 de abril de 2025, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2025 que contén os seguintes postos de traballo de persoal laboral fixo:

Denominación

Nº de vacantes

Código

Acceso

Sistema de selección

Técnico/a medio do PAI

(agora escola infantil)

1

80

Libre

Concurso-oposición/oposición libre

Auxiliar de xeriatría CD

1

81

Libre

Concurso-oposición/oposición libre

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no DOG.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que xulgue procedente.

Guitiriz, 15 de abril de 2025

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa