DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2025 Páx. 27365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de abril de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Mondoñedo (expediente DH.V27.108357).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Canteras Isidro Otero, S.L.

NIF: B27250190.

Expediente: DH.V27.108357.

Lugar: O Moural.

Parroquia: Santa María Maior.

Concello: Mondoñedo.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 1: 13.708 m³/ano.

Punto de vertedura 1: X=637.301; Y=4.806.306.

Medio receptor 1: Rego do Moural (cunca do río Masma).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de tratamento son tratadas nun sistema de sete balsas de decantación dispostas en serie antes da súa vertedura ao rego do Moural.

Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 67,5 m³/ano.

Punto de vertedura 2: X=637.404; Y=4.806.206.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (cunca do río Masma).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais fecais xeradas nas instalacións son tratadas nun sistema deseñado para 12 habitantes equivalentes constituído por arqueta de desbaste e fosa compacta de decantación-dixestión con filtro biolóxico, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo mediante gabia filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras