De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou, intentada esta, non se puido efectuar no domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Fomento da mobilidade sustentable. Senda na OU-101, treitos A Medorra (p.q. 7+750-9+420) e O Paiseo (p.q. 13+780-14+230), de clave OU/16/272.06, nos concellos de Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas (Ourense).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sita na rúa Sáenz Díez 1 (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 25 de abril de 2025
O xefe do Servizo Provincial de Ourense
P.S. (Resolución 20.7.2015)
Uxío Solla Fontán
Enxeñeiro Superior de Camiños, Canales e Portos
ANEXO
|
Nª predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
|
11 |
32059A043003370000OH |
Pérez, González, Manuel |
|
12 |
32059A043003360000OU |
Pérez González, Manuel |
|
16 |
32059A043003300000OX |
Gómez Pérez, Francisco Hdros. |
|
48 |
32056A001003860000BP |
Lorenzo Quintas, Ramón, Hdros. |
