DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 156/2025.

Na Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 156/2025 (procedemento ordinario), interposto por María Isabel Acitores Foira contra a Resolución do 23 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de postos que se ofertan e se convocan ao acto de elección de destino provisional as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), na clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos