DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de modificación das bases dunha convocatoria.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do 23.12.2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de deportes, mediante promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, e no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 17.1.2025, publicouse un extracto destas.

Nestas publicacións sinalábase que o prazo de presentación de solicitudes sería de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Mediante Resolución desta alcaldía do 8.5.2025 aprobouse unha modificación das bases sinaladas, de xeito que o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Brión, 8 de maio de 2025

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde