DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27420

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V) (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro).

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no Diario Oficial de Galicia do día 30 de decembro de 2024, publicou a Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).

Segundo o establecido no artigo 16.4 das citadas bases reguladoras, en concordancia co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procede publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión das axudas convocadas ao abeiro da dita orde.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan nas táboas que se acompañan como anexo I (listaxe de entidades beneficiarias), anexo II (solicitudes inadmitidas), financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.03.541D.781.0 (código de proxecto 2023 00228) e 06.03.541D.770.0 (código de proxecto 2023 00228 e 2025 00023) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V), Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de diciembre.

b) Aplicación orzamentaria: aplicacións orzamentarias 06.03.541D.781.0 (código de proxecto 2023 00228) e 06.03.541D.770.0 (código de proxecto 2023 00228 e 2025 00023) correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de tres millóns douscentos mil euros (3.200.000,00 €).

c) Finalidade da axuda: axudas a pequenas e medianas empresas, autónomos, asociacións e fundacións da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de construción e ampliación de instalacións de preparación para a reutilización (en diante PxR) de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e construción de instalacións de reciclaxe de residuos téxtiles.

d) Destinatarios: poderán ser entidades beneficiarias pequenas e medianas empresas, autónomos, asociacións e fundacións da Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan as características sinaladas no artigo 2 das bases reguladoras.

e) Porcentaxe de financiamento: o financiamento máximo outorgado para as diferentes liñas reguladas nesta orde de axudas serán os seguintes:

– Liña 1. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 90 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €.

– Liña 2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 60 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €. As axudas establecidas nas liñas 1 e 2 están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15.12.2023, serie L) en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante calquera período dos tres anos previos. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido. En virtude do anterior, as entidades deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis durante os tres anos previos.

– Liña 3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nestas liñas non excederá o 50 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria. Esta axuda será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sen que se poida superar a intensidade máxima permitida polo Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

De conformidade co artigo 47.7 do citado regulamento, o solicitante da axuda deberá demostrar, mediante a presentación dunha solicitude responsable, que sen a axuda non realizaría o investimento. Para os efectos do cumprimento do efecto incentivador, exixido polo artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, as axudas da liña 3 concederanse unicamente a proxectos de investimento iniciados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.

O importe máximo da subvención será de 800.000 €.

As axudas concedidas dentro da liña de axudas 3 establecidas nesta orde están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, concretamente no seu artigo 47, onde se indica que as axudas ao investimento que permitan ás empresas ir máis alá das normas da Unión en materia de protección ambiental ou incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión serán compatibles co mercado interior. a teor do artigo 107, punto 3, do tratado.

f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2025, ambos incluídos, para as liñas 1 e 2, e entre a data da solicitude da axuda e o 30 de novembro de 2025 para a liña 3, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación segundo o sinalado neste mesmo artigo.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao 30 de novembro de 2025.

A data límite para xustificar cada anualidade do proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro de 2025.

g) Xustificación das subvencións: as persoas beneficiarias das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo a que se refirea a letra anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lle foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

En calquera caso, a persoa beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 25 e 26 da Orde do 17 de decembro de 2024 (DOG número 250, do 30 de decembro).

h) Requisitos e obrigas que se deberán observar: os recollidos nos artigos 4 e 21 da Orde do 17 de decembro de 2024, DOG número 250, do 30 de decembro.

i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos dez (10) días hábiles desde a súa notificación sen que a persoa beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de persoa beneficiaria.

Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

A renuncia á subvención regularase de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se lle notificará á persoa interesada por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: observarase o disposto no artigo 27 da Orde do 17 de decembro de 2024 (DOG número 250, do 30 de decembro).

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO I

Listaxe de entidades beneficiarias

Nº de expediente

Nome da solicitante

NIF da solicitante

Actuación subvencionable

Total orzamento proxecto

Porcentaxe de cof. solicitado (maximo 60 %)

Porcentaxe de cof. da empresa

Total axuda concedida
(máximo 200.000,00 €*)

Puntuación

EEPP-003-2025-RES

Iniciativa Social Emprendedora de Reciclaje Textil de Galicia, S.L.

B70388129

l2

32.656,00 €

60,00 %

40,00 %

19.593,60 €

64

ANEXO II
Solicitudes inadmitidas

Nº de expediente

Nome da solicitante

Motivo

EEPP-001-2025

Coleo Recycling, S.L.

Excluída por incumprir o artigo 3.1.c)

EEPP-002-2025

Insertega Social, S.L

Excluída por non presentar emenda en prazo