DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2025 Páx. 27508

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2025, que se incorpora como anexo I desta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade dos convenios pendentes de publicar subscritos no ano 2024 pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que se incorpora como anexo II de esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade EPI Prensa, S.L.U.

14.124,17 €

7.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

56.889,04 €

7.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

5.100,40 €

7.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

27.071,33 €

7.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

11.377,81 €

7.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - Diario de Arousa.

1.569,35 €

8.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - Diario de Ferrol.

2.746,37 €

8.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. - El Ideal Gallego.

3.138,71 €

8.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

149.873,18 €

9.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade La Región, S.A.

21.578,60 €

9.1.2025

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2025 entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

3.531,04 €

9.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Ferrol para a mellora das instalacións deportivas nos centros educativos de titularidade municipal.

500.000,00 €

5.2.2025

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Laboral de la Construcción para o recoñecemento da formación preventiva impartida nos centros públicos dependentes desta consellería, para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción.

Sen custo

19.2.2025

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Hidróxeno para a colaboración nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

19.2.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual (Integra).

Sen custo

19.2.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (Aceesca).

Sen custo

24.2.2025

Convenio entre a Administración Xeral do Estado, a través do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para a organización e o desenvolvemento do Congreso nacional de boas prácticas na formación docente.

51.000,00 €

17.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) para a colaboración no desenvolvemento da formación profesional dual intensiva e o apoio aos programas de bolsas para os/as titulados/as en formación profesional, en ensinanzas artísticas e en ensinanzas deportivas.

Sen custo

17.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España para a obtención do diploma de estudos en lingua francesa na súa versión escolar.

Sen custo

24.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción.

22.991,34 €

31.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Capaces Lugo (Capaces).

Sen custo

3.4.2025

Convenio marco de colaboración educativa entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Real Club Celta de Vigo, S.A.D., Afouteza e Corazón, S.L. e Galicia Sport 360, S.L., para a colaboración nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

22.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

12.610,00 €

28.4.2025

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación MOP-The MOP Foundation, para a colaboración educativa nas ensinanzas artísticas profesionais das artes plásticas e deseño.

Sen custo

28.4.2025

ANEXO II

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2024/25.

474.984,00 €

27.8.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o Centro de Investigación de Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo para a colaboración e compartición de coñecemento no marco do proxecto EdugalIA, o cal está suxeito á obtención de financiamento da liña de fomento da innovación desde a demanda (FID), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Sen custo

27.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración na procura da mellora na calidade do sistema educativo.

Sen custo

31.10.2024