DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2025 Páx. 27705

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500F).

BDNS (Identif.): 832272.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/832272

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación, e que cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, catro prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500F).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude