Ao estar vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos (PAS) funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado no Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:
Bases da convocatoria
Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e que se especifican no anexo I.
Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro Electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.
Cuarta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Denominación do posto: responsable da Unidade de Xestión Administrativa. Reitorado.
Número de praza: PF000148.
Subgrupo: A2/C1/C2.
Nivel: 22.
Complemento específico: 13.178,06.
Quenda: mañá.
Localidade: Santiago de Compostela.
