DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28035

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 e 2026 (código de procedemento IN845A).

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 91, do 14 de maio de 2025, cómpre efectuar a corrección oportuna.

Na páxina 27.213, no artigo 4, punto 2, parágrafo segundo, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. O dito prazo comezará a contar a partir dunha semana da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. O dito prazo comezará a contar a partir dunha semana da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da apertura do prazo de presentación das solicitudes».