DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28031

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario ao abeiro da Orde do 15 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR321A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Segundo o artigo 11 da Orde do 15 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2024, publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación, o que producirá os efectos da notificación.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

RESOLVE:

Dar publicidade a Resolución do 19 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de axuda presentadas ao abeiro da Orde do 15 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR321A), que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 15 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR321A).

b) Financiamento das axudas con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.712C.481.1 (proxecto 2013.00635).

c) Crédito orzamentario por un importe de 600.000,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

d) Establecemento da contía da axuda:

1. Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

a) Partida 1: para subvencionar as entidades agrarias con representación no Consello Agrario Galego, dotado co 80 % do crédito.

b) Partida 2: para subvencionar outras asociacións agrarias, dotado co 20 % restante do crédito.

Porén, os fondos asignados poderán transvasarse parcialmente dunha partida á outra, se é que nunha delas non se consomen completamente.

2. A contía das axudas consistirá nunha prima base de 20.000 €, que se incrementará consonte os seguintes valores, en canto non se esgote o orzamento da partida correspondente.

a) Entidades agrarias con representación no Consello Agrario Galego que tramitaron máis do 2 % de solicitudes PAC de Galicia da campaña 2024 e outras asociacións agrarias que tramitaron máis do 1 % destas solicitudes: 50,00 € por cada solicitude tramitada a partir destes limiares, ata un máximo de 150.000,00 €.

b) Entidades con máis dun representante nos consellos reguladores de Galicia: 5.000,00 € por cada representante a partir do sexto no caso de entidades agrarias con representación no Consello Agrario Galego e do primeiro no caso das outras asociacións agrarias, ata un máximo de 100.000,00 €.

c) Entidades con máis dunha oficina de atención permanente ao público en Galicia: 10.000,00 € por cada oficina adicional, ata un máximo de 50.000,00 €. As oficinas situadas no mesmo concello terán a consideración dunha única oficina para os efectos desta orde.

3. Cada unha das partidas do punto 1 terá un rateo independente. O rateo consistirá en aplicar a mesma porcentaxe sobre a prima base e os incrementos ou sobre os custos elixibles non cubertos pola prima base e os incrementos no caso de que estas non esgoten o orzamento.

4. O importe das axudas non poderá ser superior ao custo das actividades subvencionables.

e) A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é realizar actividades de representación e de formación dos asociados das entidades beneficiarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

f) Entidades beneficiarias:

A

Entidades agrarias con representación no Consello Agrario Galego

S.U. PAC 2023

Custos xustificados

Nº representantes

Nº oficinas

Prima base

Prima PAC

Prima representantes

Prima oficina

Prima total

Prima total xustificada

Custos non cubertos

Sobrante rateado

Rateo das primas xustificadas

Total

MR321A_2024_004_Unions Agrarias NIF_G15115322

4.606

356.229,26 €

22

7

20.000,00 €

150.000,00 €

85.000,00 €

50.000,00 €

305.000,00 €

305.000,00 €

51.229,26 €

- €

256.145,57 €

256.145,57 €

MR321A_2024_003_Asoc. Agraria de Galicia NIF_G94114675

267

238.756,74 €

29

4

20.000,00 €

- €

100.000,00 €

30.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

88.756,74 €

- €

125.973,23 €

125.973,23 €

MR321A_2024_006_Sindicato Labrego Galego_Comisións Labregas NIF_G27023951

1.099

151.628,34 €

8

6

20.000,00 €

31.550,00 €

15.000,00 €

50.000,00 €

116.550,00 €

116.550,00 €

35.078,34 €

- €

97.881,20 €

97.881,20 €

Subtotal

5.972

746.614,34 €

571.550,00 €

571.550,00 €

175.064,34 €

- €

480.000,00 €

480..000,00 €

Sobrante para ratear

- €

% de rateo

83,9821526516689

B

Outras asociacións agrarias

MR321A_2024_002_Agromacen NIF_G32442204

585

149.941,59 €

0

1

20.000,00 €

17.550,00 €

- €

- €

37.550,00 €

37.550,00 €

112.391,59 €

8.220,36 €

-€

45.770,36 €

MR321A_2024_005_Xeagro NIF_G27465095

482

142.887,95 €

0

2

20.000,00 €

12.400,00 €

- €

10.000,00 €

42.400,00 €

42.400,00 €

100.487,95 €

7.349,73 €

-€

49.749,73 €

MR321A_2024_001_Xestión Rural de Galicia NIF_G94111689

277

54.005,31 €

0

1

20.000,00 €

2.150,00 €

- €

- €

22.150,00 €

22.150,00 €

31.855,31 €

2.329,91 €

-€

24.479,91 €

Subtotal

1.344

346.834,85 €

102.100,00 €

102.100,00 €

244.734,85 €

17.900,00 €

-€

120.000,00 €

Sobrante para ratear

17.900,00 €

% de rateo

7,31403830168129

Total 2024

23.406

Total

600.000,00 €

g) Recursos administrativos:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución de conformidade co establecido nos artigos 112, 123, e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.