DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Centro de xestión de residuos non perigosos nunha instalación sita na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2024/0077).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 6 de maio de 2025 do proxecto Centro de xestión de residuos non perigosos nunha instalación sita na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Recuperamos, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade