De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das propostas de resolución do procedemento de reintegro da prestación económica ditada no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través da persoa que as represente, debidamente acreditada, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.
A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As propostas que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, efectuada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes, así como as alternativas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 36 do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
A Coruña, 14 de abril de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número de expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data do documento |
|
CO-105240 |
35954704T |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
CO-78854 |
32281366S |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
CO-80007 |
32844175Z |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
FE-62887 |
32549074A |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
SC-48943 |
35415998T |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
FE-80627 |
32465870J |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
|
SC-11172 |
76493663C |
Proposta de resolución de reintegro da prestación |
31.1.2025 |
