De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos acordos de inicio do procedemento de reintegro das prestacións económicas ditadas no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través das persoas que as representen, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro dos ditos actos administrativos.
A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os acordos que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, efectuada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes.
A Coruña, 14 de abril de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS210A
|
Número de expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data do documento |
|
FE-90527 |
32761868R |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
20.2.2025 |
|
CO-23461 |
52435693V |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
18.2.2025 |
|
FE-516167 |
32168605T |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
20.2.2025 |
|
CO-90111 |
32418150H |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
21.2.2025 |
|
SC-104899 |
37095483W |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
10.2.2025 |
|
CO-90307 |
32259175L |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
10.2.2025 |
|
CO-68975 |
58025996D |
Acordo de inicio de reintegro da prestación |
10.2.2025 |
