DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 27966

I. Disposicións xerais

Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática

REAL DECRETO 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral.

A Constitución, no seu artigo 132.2, establece que son bens de dominio público estatal os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo-terrestre, as praias, o mar territorial e os recursos naturais da zona económica e da plataforma continental. Así mesmo, o artigo 149.1.23.ª establece que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.tres que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia adoptou, na súa reunión do día 9 de abril de 2025, o Acordo de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral, que se eleva ao Goberno para a súa aprobación mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 13 de maio de 2025,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación do Acordo da Comisión Mixta

Apróbase o Acordo da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral, adoptado polo Pleno da devandita comisión na súa reunión do día 9 de abril de 2025 e que se transcribe como anexo deste real decreto.

Artigo 2. Traspaso de funcións e servizos

En consecuencia, quedan traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos da Administración do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral, segundo figura no Acordo da Comisión Mixta e nos termos e condicións que alí se especifican.

Artigo 3. Efectividade do traspaso

O traspaso será efectivo a partir da data sinalada no Acordo da Comisión Mixta.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia o día da súa publicación.

Dado en Madrid o 13 de maio de 2025

Felipe R.

Ángel Víctor Torres Pérez
Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática

ANEXO

Jorge García Carreño e Guillermo Folgueral Madrigal, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias, celebrada o día 9 de abril de 2025, se adoptou o Acordo de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral, nos termos que a continuación se expresan:

A) Referencia ás normas constitucionais, estatutarias e legais en que se ampara o traspaso.

A Constitución, no seu artigo 132.2, establece que son bens de dominio público estatal os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo-terrestre, as praias, o mar territorial e os recursos naturais da zona económica e da plataforma continental. Así mesmo, o artigo 149.1.23.ª establece que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.tres que corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre a base destas previsións normativas procede formalizar o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral.

B) Funcións e servizos da Administración do Estado que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa xestión dos títulos de ocupación e uso do dominio público marítimo-terrestre no litoral de Galicia, respectando o réxime xurídico vixente, as seguintes funcións e servizos que, no ámbito da administración, a inspección e a potestade sancionadora, vén desempeñando a Administración xeral do Estado:

1. En relación coas autorizacións de usos de tempada nas praias e no mar territorial (zonas de fondeo, pantaláns flotantes e usos análogos); coas autorizacións de actividades en que concorran circunstancias especiais de intensidade, perigosidade ou rendibilidade, e coas autorizacións de ocupación do dominio público marítimo-terrestre con instalacións desmontables ou con bens mobles:

a) A súa xestión e outorgamento.

b) A súa vixilancia e a tramitación e imposición das sancións que correspondan, así como a recadación das multas, no que se refire ao incumprimento dos termos en que foron outorgadas.

2. A xestión e outorgamento de autorizacións en zonas de servidume de tránsito e acceso ao mar, así como a vixilancia e tramitación, imposición e recadación das sancións que corresponda, no que se refire ao incumprimento dos termos en que foron outorgadas.

3. A xestión das concesións demaniais a que se refire o artigo 64 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, que inclúe, en todo caso, o seu outorgamento, renovación, prórroga, modificación e extinción. As ditas concesións son as seguintes:

a) As requiridas para efectuar verteduras ao dominio público marítimo-terrestre e as de ocupación do dominio público marítimo-terrestre exixidas para as explotacións de acuicultura.

b) As que amparan usos especialmente intensos, rendibles ou perigosos, así como os privativos, con obras ou instalacións desmontables que, pola súa natureza, finalidade ou outras circunstancias, requiran un prazo de ocupación superior a catro anos.

c) As concesións amparadas por outra concesión de explotación de recursos mineiros ou enerxéticos.

d) As que amparen usos especialmente intensos, rendibles ou perigosos, así como os privativos, con obras ou instalacións non desmontables. Igualmente, as concesións que posibiliten a execución de obras fixas no mar e aquelas que amparen as instalacións marítimas menores no dominio público marítimo-terrestre, tales como embarcadoiros, pantaláns, varadoiros etc., que non formen parte dun porto ou estean adscritas a este.

4. A vixilancia, tramitación e imposición das sancións que correspondan, así como a recadación das multas, no que se refire ao incumprimento das condicións de outorgamento das concesións demaniais mencionadas no artigo 64 da Lei 22/1988, do 28 de xullo.

5. A xestión do rexistro de concesións en dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A emisión do informe previo ao rescate das concesións demaniais cando, por razóns de interese xeral, sexa competencia da Administración xeral do Estado o exercicio desta función.

7. A planificación, elaboración e aprobación de proxectos, xestión e execución de obras e actuacións que non sexan de interese xeral.

C) Funcións e servizos que reserva para si a Administración do Estado.

1. A Administración xeral do Estado reserva para si as funcións de fixar o importe dos canons pola utilización ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre e de exercer a titularidade sobre os dereitos económicos devindicados pola utilización ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre, sen prexuízo da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para establecer outros canons por explotación de actividade.

O Estado recadará o importe dos canons para a utilización ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre e a Comunidade Autónoma de Galicia recadará, se é o caso, os outros gravames para a explotación da actividade que se poidan establecer, sen prexuízo de que ambas as partes acorden mecanismos para facilitar esta xestión aos usuarios.

2. A Administración xeral do Estado reserva para si a función de rescate das concesións demaniais cando a presenza dunha razón de interese xeral vinculada ao seu ámbito de competencias así o exixa.

3. A Administración xeral do Estado reserva para si o exercicio da potestade sancionadora derivada da titularidade estatal do dominio público marítimo-terrestre que non se refiran ás infraccións por incumprimento dos títulos cuxa xestión corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia segundo o previsto nas epígrafes B).1, B).2 e B).3.

D) Funcións concorrentes da Administración do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia e formas de cooperación.

1. No que se refire á utilización e xestión do dominio público marítimo-terrestre adscrito para a construción de novos portos e vías de transporte da súa titularidade, ou de ampliación ou modificación dos existentes, a Comunidade Autónoma de Galicia informará o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acerca do interese e obxectivo da adscrición.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no prazo de dous meses emitirá un informe de adscrición en que se pronunciará sobre a integridade do dominio público marítimo-terrestre, a prevención ambiental ou a garantía de uso público. O dito informe será vinculante en canto á delimitación do dominio público marítimo-terrestre susceptible de adscrición, usos previstos e medidas necesarias para a protección do dominio público. En ausencia de informe no prazo sinalado, proseguirase a tramitación do expediente. En caso de discrepancia entre ambas as administracións, abrirase un período de consultas co fin de chegar a un acordo.

2. No que se refire aos informes que, relativos ao cumprimento do réxime xeral do dominio público marítimo-terrestre (integridade física e garantía de libre acceso para os usos comúns), debe emitir a Administración xeral do Estado en relación cos plans e normas de ordenación territorial e o plan urbanístico, e a súa modificación e revisión, incluíndo os plans especiais de ordenación de fachada marítima e os plans que desenvolven o sistema portuario, no caso de que o dito informe non sexa favorable, abrirase un período de consultas entre ambas as administracións co fin de chegar a un acordo.

3. No que se refire ás concesións demaniais reguladas no artigo 64 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, a Comunidade Autónoma de Galicia notificará á Administración xeral do Estado cada solicitude en tramitación para que, no prazo máximo de dous meses, emita por escrito o seu criterio en relación coa garantía da integridade física e do uso público do dominio público marítimo-terrestre. En caso de discrepancia entre ambas as administracións, abrirase un período de consultas co fin de chegar a un acordo durante un período máximo dun mes desde que a discrepancia se poña de manifesto.

4. No aspecto funcional poderanse arbitrar fórmulas de colaboración para o mellor cumprimento das funcións de ambas as administracións, sen prexuízo das respectivas competencias, e, en particular, en relación co exercicio das potestades sancionadoras das respectivas administracións.

5. En materia de investimentos en obras de interese xeral situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, a Comunidade Autónoma participará na forma seguinte:

a) A Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma crearán, antes da data de efectividade deste acordo de traspaso, unha comisión bipartita que terá, ademais das que poida acordar a propia comisión, as seguintes funcións:

– A participación, a través da facultade de proposta ou informe, na planificación e programación das obras que fosen previamente declaradas de interese xeral.

– A participación, a través da facultade de proposta ou informe, na incorporación ao anexo de investimentos do anteproxecto de orzamentos xerais do Estado de cada ano, das obras de interese xeral.

b) A Comunidade Autónoma de Galicia participará, a través da facultade de proposta ou informe, na tramitación dos proxectos que realice a Administración xeral do Estado de obras de interese xeral a que se refire o artigo 111 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Neste sentido, durante a tramitación do procedemento solicitarase informe da Comunidade Autónoma conforme o previsto no artigo 98 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.

c) Para a execución das obras de interese xeral sinaladas no punto anterior, solicitarase informe á Comunidade Autónoma para que, no prazo dun mes, notifique a conformidade ou desconformidade da obra cos instrumentos de planificación do territorio, calquera que sexa a súa denominación e ámbito, que afecten o litoral, e co planeamento urbanístico en vigor, conforme o previsto no artigo 111.2 da Lei 22/1988, do 28 de xullo e, en particular, en relación co exercicio das potestades sancionadoras das respectivas administracións.

6. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a Comunidade Autónoma de Galicia poderán colaborar mediante os oportunos convenios no desenvolvemento do estudo, execución e xestión de obras que sexan competencia de ambas as administracións.

7. A Comunidade Autónoma de Galicia proporcionará á Administración xeral do Estado os datos relativos a concesións e autorizacións do dominio público marítimo-terrestre que outorgue.

8. Co obxecto de garantir a adecuada cooperación, créase unha comisión de seguimento do traspaso, de composición paritaria e constituída por seis membros: tres designados pola Administración do Estado e tres pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión promoverá a colaboración no ámbito da xestión dos títulos de ocupación e uso do dominio público marítimo-terrestre e, se é o caso, da cooperación transfronteiriza respecto diso, abordando os problemas de execución que poidan formularse e resolvendo os conflitos e discrepancias respecto á dita xestión.

Así mesmo, na devandita comisión coordinaranse as actuacións precisas para a entrega da documentación e datos de expedientes en tramitación e relación de ocupacións irregulares, así como expedientes das funcións e servizos que se traspasan, de acordo coa epígrafe H) deste acordo.

A Comisión de Seguimento reunirase, polo menos, unha vez ao ano e, adicionalmente, por pedimento de calquera das dúas administracións.

E) Bens, dereitos e obrigacións que se traspasan.

1. Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigacións que corresponden ás funcións e servizos traspasados e que se detallan na relación adxunta número 1.

2. No prazo de tres meses desde a data de entrada en vigor do real decreto polo que se aproba este acordo asinaranse, se é o caso, as correspondentes actas de entrega do inmoble e recepción de mobiliario, equipamentos e material inventariable.

3. No suposto de que fose necesario introducir correccións ou rectificacións na citada relación, levaranse a cabo, logo de constatación por ambas as administracións, mediante certificación expedida pola Comisión Mixta de Transferencias.

F) Persoal e postos de traballo que se traspasan.

1. O persoal e postos de traballo vacantes adscritos aos servizos que se traspasan aparecen referenciados nominalmente na relación adxunta número 2, de acordo co precisado no Acordo complementario número 2. O dito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos legalmente previstos polo Estatuto de autonomía e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nos seus expedientes de persoal.

2. A Subsecretaría do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico notificará aos interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan axiña como o Goberno aprobe este acordo mediante real decreto.

Así mesmo, remitirase aos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de todos os expedientes deste persoal traspasado, así como os certificados de haberes referidos ás cantidades devindicadas por eles durante 2025.

3. No suposto de que fose necesario introducir correccións ou rectificacións na citada relación, levaranse a cabo, logo de constatación por ambas as administracións, mediante certificación expedida pola Comisión Mixta de Transferencias.

G) Valoración das cargas financeiras correspondentes ao traspaso.

1. A valoración provisional, en valores do ano base 2007, que corresponde ao custo efectivo anual das funcións e servizos que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia, elévase a 892.917,59 euros, condicionada ao establecido no Acordo complementario número 2.

A dita valoración será obxecto de revisión nos termos establecidos no artigo 21.1 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias.

2. O financiamento, en euros de 2025, que corresponde ao custo efectivo anual das funcións e servizos traspasados, detállase na relación adxunta número 3, condicionada ao establecido no Acordo complementario número 2.

3. Transitoriamente, mentres non se produza a revisión do Fondo de Suficiencia Global como consecuencia da incorporación a este do custo efectivo deste traspaso, este custo financiarase mediante a consolidación na sección 38 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos aos distintos compoñentes do devandito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

4. Con carácter adicional, transfírese á Comunidade Autónoma de Galicia, por unha soa vez e sen integrarse no custo efectivo anual, a cantidade de 687.332,90 euros.

H) Documentación e expedientes das funcións e servizos que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos bens e servizos que se traspasan realizarase con anterioridade á data de efectividade deste acordo.

I) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de funcións e servizos obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xullo de 2025.

E para que conste, expídese esta certificación en Santiago de Compostela o 9 de abril de 2025. Os secretarios da Comisión Mixta. Asdo. Jorge García Carreño e Guillermo Folgueral Madrigal.

Relación número 1

Vehículos que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia

Matrícula

Modelo

Data de matriculación

MMA-05108

Toyota Land Cruiser

2017

MMA-05628

Ford Kuga Diesel

2020

MMA-05794

Renault Captur PHEV

2021

MMA-05810

Ford Kuga Diesel

2021

MMA-06340

Mitsubishi Eclipse

2023

MMA-04838

Citroën Berlingo

2015

MMA-05839

Ford Kuga

2021

MMA-04836

Citroën Berlingo

2015

MMA-04956

Citroën Berlingo

2016

MMA-05638

Ford Kuga Diesel

2021

MMA-06492

Ford Kuga Gasolina Híbrido

2024

Relación número 2

Medios persoais que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia

2.1 Persoal funcionario

Unidade

Código posto

Residencia

Posto

Nivel

Grao persoal

Grupo

Apelidos e nome

DNI

Soldo

Comp. destino

Comp. específico

Trienios

Produtividade

Total anual

Seguridade Social

Sumas

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

5018792

Coruña, A

Xefe/Xefa de Sección de Asuntos Xerais

22

22

C1

Castro Cagiao, Carmen

*2801***

11.826,64 €

8.540,00 €

5.471,90 €

4.396,68 €

0,00 €

30.235,22 €

0,00 €

30.235,22 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

5271680

Coruña, A

Xefe/Xefa de Negociado

18

18

C1

Fernández Araujo, María Sol

****6722

11.826,64 €

6.613,18 €

4.681,60 €

3.796,68 €

0,00 €

26.918,10 €

0,00 €

26.918,10 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4278971

Coruña, A

Xefe/Xefa de Sección Técnica

24

20

A2

Fugarolas Álvarez-Ude, Susana

**8*82*6

15.441,76 €

9.764,02 €

9.065,56 €

1.121,08 €

0,00 €

35.392,42 €

8.294,57 €

43.686,99 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

5366080

Ferrol

Axente Ambiental

16

16

C1

Galán Fontenla, Pablo

4689****

11.826,64 €

5.861,66 €

8.161,72 €

2.163,90 €

0,00 €

28.013,92 €

7.429,29 €

35.443,21 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4967583

Coruña, A

Xefe/Xefa de Negociado

16

17

C1

Gómez Castelos, Susana

**1612**

11.826,64 €

6.237,00 €

4.681,60 €

2.065,56 €

0,00 €

24.810,80 €

0,00 €

24.810,80 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4685342

Coruña, A

Xefe/Xefa de Negociado

18

18

C1

González Varona, Roberto

**9724**

11.826,64 €

6.613,18 €

4.681,60 €

3.929,46 €

3.600,00 €

30.650,88 €

0,00 €

30.650,88 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

2557706

Coruña, A

Xefe/Xefa de Sección Técnica N24

24

24

A2

Pena Miramontes, Paula María

**16*468

15.441,76 €

9.764,02 €

8.356,74 €

2.802,70 €

0,00 €

36.365,22 €

0,00 €

36.365,22 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4347042

Coruña, A

Xefe/Xefa de Negociado

16

16

C1

Souto Cardelle, Marcos

4482****

11.826,64 €

5.861,66 €

4.681,60 €

1.898,34 €

0,00 €

24.268,24 €

0,00 €

24.268,24 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

5809365

Lugo

Xefe/Xefa de Sección

20

00

A2

Lamelo Fernández, Enrique

*****899

15.441,76 €

7.365,26 €

4.293,66 €

0,00 €

0,00 €

27.100,68 €

6.351,32 €

33.452,00 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

5437148

Foz

Axente Ambiental

16

16

C1

Maseda Ferreiros, José María

77*9****

11.826,64 €

5.861,66 €

8.161,72 €

3.796,68 €

0,00 €

29.646,70 €

7.862,30 €

37.509,00 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

5394781

Foz

Axente Ambiental

16

16

C1

Rocha Fernández, José

*7*97**9

11.826,64 €

5.861,66 €

8.161,72 €

2.631,12 €

0,00 €

28.481,14 €

7.553,20 €

36.034,34 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

2010271

Lugo

Xefe/Xefa de Negociado

16

16

C1

Rocha Mayo, Tania

33***61*

11.826,64 €

5.861,66 €

4.681,60 €

432,78 €

0,00 €

22.802,68 €

5.344,04 €

28.146,72 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

5442642

Pontevedra

Técnico/Técnica

20

A2

15.441,76 €

7.365,26 €

6.605,76 €

0,00 €

0,00 €

29.412,78 €

0,00 €

29.412,78 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

5717980

Pontevedra

Axente Ambiental

16

00

C1

Arias Muñoz, José María

****4414

11.826,64 €

5.861,66 €

8.161,72 €

3.895,02 €

0,00 €

29.745,04 €

7.888,38 €

37.633,42 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

5571518

Pontevedra

Axente Ambiental

16

17

C1

López Sampayo, Manuel

**4224**

11.826,64 €

6.237,00 €

8.161,72 €

732,78 €

0,00 €

26.958,14 €

6.398,78 €

33.356,92 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

2260090

Pontevedra

Xefe/Xefa de Sección Técnica

24

24

A2

Portela Pastrana, Virginia Pilar

***621*8

15.441,76 €

9.764,02 €

7.261,38 €

1.681,62 €

0,00 €

34.148,78 €

8.003,11 €

42.151,89 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

2817805

Pontevedra

Xefe/Xefa de Negociado

18

16

C1

Torres García, M. Esther

3*310***

11.826,64 €

6.613,18 €

4.681,60 €

4.096,68 €

0,00 €

27.218,10 €

0,00 €

27.218,10 €

Total

17

219.128,48 €

120.046,08 €

109.953,20 €

39.441,08 €

3.600,00 €

492.168,84 €

65.124,99 €

557.293,83 €

2.2 Persoal laboral

Unidade

Código posto

Residencia

Posto

Grupo

Apelidos e nome

DNI

Soldo 14 pagas

Trienios

Comp. persoal antigüidade

Complementos

Total anual

Seguridade Social

Sumas

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4923738

Ribeira

3G - Vixilancia do dominio público

3G

21.305,34 €

0,00 €

0,00 €

2.734,68 €

24.040,02 €

0,00 €

24.040,02 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4923175

Coruña, A

4G - Administración

4G

18.430,86 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.430,86 €

0,00 €

18.430,86 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4924887

Coruña, A

4G - Administración

4G

18.430,86 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

18.430,86 €

0,00 €

18.430,86 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

5330396

Coruña, A

1G - Administración

1G

Adán Vázquez, María

****8386

32.465,02 €

2.138,50 €

0,00 €

0,00 €

34.603,52 €

11.097,35 €

45.700,87 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

5602424

Coruña, A

M1 - Proxectos de obra civil

M1

Corte García, Aroa

****1090

21.305,34 €

427,70 €

0,00 €

0,00 €

21.733,04 €

8.099,90 €

29.832,94 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4923918

Coruña, A

3G - Vixilancia do dominio público

3G

Burón Eiras, José Luis

*2*82*6*

21.305,34 €

3.421,60 €

1.655,08 €

2.734,68 €

29.116,70 €

10.851,79 €

39.968,49 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4921171

Coruña, A

3G - Informática

3G

García Pereiro, José Manuel

***8246*

21.305,34 €

3.849,30 €

1.726,76 €

0,00 €

26.881,40 €

8.620,86 €

35.502,26 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4923911

Ferrol

3G - Vixilancia do dominio público

3G

Rodríguez, Edelmiro

*26*2*8*

21.305,34 €

3.849,30 €

827,54 €

2.734,68 €

28.716,86 €

10.702,77 €

39.419,63 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4925423

Coruña, A

E2 - Condución de vehículos de transporte por estrada

E2

Varela Barreiro, Alejandro

*5905***

18.430,86 €

855,40 €

0,00 €

0,00 €

19.286,26 €

6.214,03 €

25.500,29 €

Demarcación de Costas de Galicia. A Coruña

4923744

Mañón

3G - Vixilancia do dominio público

3G

Vigo Rodríguez, Alejandro

*26***64

21.305,34 €

3.849,30 €

778,26 €

2.734,68 €

28.667,58 €

10.684,41 €

39.351,99 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

4921497

Foz

Técnico superior

G3

20.715,10 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

20.715,10 €

0,00 €

20.715,10 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

4927292

Lugo

Técnico superior

G3

20.715,10 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

20.715,10 €

0,00 €

20.715,10 €

Servizo Provincial de Costas. Lugo

4926935

Lugo

E1 - Servizos administrativos

E1

Martínez Caballero, Pilar

*286*55*

17.923,36 €

3.849,30 €

1.241,52 €

0,00 €

23.014,18 €

7.380,65 €

30.394,83 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4923777

Pontevedra

3G - Vixilancia do dominio público

3G

21.305,34 €

0,00 €

0,00 €

2.125,56 €

23.430,90 €

0,00 €

23.430,90 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4920661

Pontevedra

3G - Administración

3G

21.305,34 €

0,00 €

0,00 €

1.984,44 €

23.289,78 €

0,00 €

23.289,78 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4923773

Pontevedra

3G - Vixilancia do dominio público

3G

21.305,34 €

0,00 €

0,00 €

2.734,68 €

24.040,02 €

0,00 €

24.040,02 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4923813

Pontevedra

3G - Vixilancia do dominio público

3G

21.305,34 €

0,00 €

0,00 €

2.734,68 €

24.040,02 €

0,00 €

24.040,02 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4923776

Pontevedra

3G - Vixilancia do dominio público

3G

Cambra Vázquez, Antonio Bernabé

7690****

21.305,34 €

2.138,50 €

0,00 €

2.734,68 €

26.178,52 €

9.756,73 €

35.935,25 €

Servizo Provincial de Costas. Pontevedra

4923775

Pontevedra

3G - Vixilancia do dominio público

3G

Jesús Álvarez, José Luis de

*60*6*8*

21.305,34 €

3.849,30 €

1.726,06 €

2.734,68 €

29.615,38 €

11.037,65 €

40.653,03 €

Total

19

 

 

 

 

 

402.775,24 €

28.228,20 €

7.955,22 €

25.987,44 €

464.946,10 €

94.446,14 €

559.392,24 €

Relación número 3

Valoración do custo efectivo

Sección 23 Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

(Euros 2025)

Servizo 01. Ministerio, Subsecretaría e Servizos Xerais

Programa 451O Dirección e Servizos Xerais para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Capítulo

Importe

Capítulo 1

17.101,14 €

Total

17.101,14 €

Servizo 12. Dirección Xeral de Servizos

Programa 451O Dirección e Servizos Xerais para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Capítulos

Importe

Capítulo 1

1.473,70 €

Capítulo 2

61.820,90 €

Total

63.294,60 €

Servizo 06. Dirección Xeral da Costa e o Mar

Programa 456D Actuación na costa

Capítulos

Importe

Capítulo 1

1.129.681,45 €

Capítulo 6

9.023,19 €

Total

1.138.704,64 €

Total custo efectivo: 1.219.100,38 euros