En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitantes: Alberto José Doval Aval, Jennifer Doval Aval e Mercedes Serantes Serantes.
Expediente: DH.A36.96537.
Volume total anual: 2.393,44 m3/ano.
Destino: rega.
Orixe: manancial situado entre a parcela 141, polígono 13, e a parcela 9487106NH1098N0000ZF do catastro de Cambados.
Lugar: A Cereixeira.
Parroquia: Oubiña.
Concello: Cambados.
Descrición:
A captación consiste en escavación 10,70×5,00x3,00 m accesible desde dúas arquetas situadas nas parcelas 141, polígono 13, e 9487106NH1098N0000ZF. Desde as arquetas bombéase a auga para rega das parcelas 141, 142, 143, 144, 145 146 e 157, polígono 13, e 9487106NH1098N0000ZF.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 20 de marzo de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
