DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2025 Páx. 28127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Barro (expediente DH.A36.106987).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Domitila Salvado Giménez, en representación da Comunidade de Usuarios da Áspera, San Amaro e Lombo.

Expediente: DH.A36.106987.

Volume total anual: 7.265,70 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,39 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco (5) mananciais (M1 a M5).

M1, M2, M3 e M5 en parc. 135, pol. 91, do catastro de Barro.

M4 en parc. 119, pol. 91, do catastro de Barro.

Lugar: San Amaro.

Parroquia: Portela.

Concello: Barro.

Descrición:

A auga dos mananciais reúnese para conducila a depósito 1 na parc. 167, pol. 91, do que parte rede distribución a nove das vivendas que abastece a comunidade e condución a depósito 2 en parc. 10, pol. 221, do que parte distribución ao resto de vivendas. Pretenden substituír ambos os depósitos por un novo que construirán na parc. 167, pol. 91.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 1 de abril de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur