DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28555

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de xaneiro a abril do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses xaneiro, febreiro, marzo e abril

Convenio

Data de sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización de actividades relacionados co fomento da xeotermia en Galicia durante o ano 2025

29.4.2025

34.958,00 €