DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 5 de maio de 2025, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-01293-O-2024 e un máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense nos expedientes sancionadores número OU-01293-O-2024 e un máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está a disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 5 de maio de 2025

Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

proposta

OU-01293-O-2024

8988-LJB

44488328A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

6.8.2024; 18.31.00; OU-0703; 0,693

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801,00 euros

OU-01295-O-2024

8988-LJB

44488328A

A realización de transporte de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT.

6.8.2024; 18.31.00; OU-0703; 0,693

Artigo 140.32 da LOTT

Artigo 197.37 do ROTT

Artigo 201.1.g) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

1.001,00 euros