DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/106-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a adecuación LMTA PRS802 entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón), no concello de Pantón, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 6 de maio de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de adecuación LMTA PRS802
entre os apoios núm. 75-1 e núm. 75-1-9 (Pantón)

Concello: Pantón (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/106-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

Voo (lonx.)

Voo (sup. m²)

2

56

192

Agra dos Condes

Monte alto

Descoñecido

75-1-1

1

2