Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT SIG808 en ABLI5COC//18-2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2023/401-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 7 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/401-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol na LMT SIG808 en ABLI5COC//18-2.
Concello: Trazo.
|
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Braña Grande |
501 |
273 |
María Hortensia Ríos Lemos |
20.5.2025 |
