DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28293

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura,
Lingua e Xuventude

ANEXO

Denominación do convenio

Achega da consellería

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Boiro para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Boiro.

Sen custo

3.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Burela para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Burela.

Sen custo

3.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Cambados.

Sen custo

3.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal do Rosal.

Sen custo

3.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Val do Dubra para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Val do Dubra.

Sen custo

3.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.

Sen custo

8.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez.

Sen custo

9.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Bueu para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Bueu.

Sen custo

10.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais da Coruña.

Sen custo

10.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello das Neves para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal das Neves.

Sen custo

10.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Toques para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Toques.

Sen custo

10.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Santiago de Compostela.

Sen custo

13.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello do Valadouro para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal do Valadouro.

Sen custo

13.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Coristanco para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Coristanco.

Sen custo

14.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Rodeiro para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Rodeiro.

Sen custo

14.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Vilariño de Conso para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Vilariño de Conso.

Sen custo

14.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Mondariz-Balneario.

Sen custo

15.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Verín para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Sen custo

15.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Moeche para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Moeche.

Sen custo

16.1.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ferrol para a realización da exposición Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador.

20.000,00 €

17.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca de Mondariz.

Sen custo

20.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Mugardos.

Sen custo

20.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas-Exponav, para contribuír ao funcionamento do Museo da Construción Naval no ano 2025.

75.000,00 €

23.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra de Trives para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal da Pobra de Trives.

Sen custo

24.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Arteixo.

Sen custo

30.1.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do programa Correspondentes universitarios/as.

Sen custo

3.2.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Isidro Novo de Lugo.

Sen custo

6.2.2025

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación de Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades de promoción do sector da ilustración e do día da ilustración no ano 2025.

15.000,00 €

24.2.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para o VII Certame de Rondallas.

60.000,00 €

25.2.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa Bono Emancípate.

60.000,00 €

14.3.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) para creación de xemelgos dixitais para o estudo e predición da circulación de aire no interior de monumentos, no ámbito do programa RETECH (redes territoriais de especialización tecnolóxica), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Sen custo

14.3.2025

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política.

Sen custo

14.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para as obras de ampliación da cociña da antiga fábrica da luz no río Mao, Barxacova, Parada de Sil (Ourense).

Sen custo

14.3.2025

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións de grao impartidas na Facultade de Filoloxía da USC no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Sen custo

20.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello da Mezquita para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal da Mezquita.

Sen custo

25.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

Sen custo

27.3.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello da Lama para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal da Lama.

Sen custo

27.3.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema para a colaboración nos gastos da xestión do Museo Fernando Blanco.

12.000,00 €

1.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Sen custo

1.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a posta á disposición do inmoble anexo á casa reitoral de San Vicente do Grove (O Grove, Pontevedra) co obxecto da posta en valor e difusión do patrimonio cultural eclesiástico e arqueolóxico existente en San Vicente do Grove (O Grove, Pontevedra), mediante a instalación dunha serie de recursos interpretativos sobre o xacemento arqueolóxico de Adro Vello.

Sen custo

7.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do Museo Casa da Troia para o ano 2025.

12.000,00 €

8.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) para o XVII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

15.000,00 €

8.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Contemporánea –Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia– para a programación expositiva de arte contemporánea, distribuídas en diferentes cidades de Galicia e actividades promovidas pola propia asociación.

65.000,00 €

8.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización de Xornadas sobre o baile comunal O serán desta aldea e as XIII Xornadas arredor da música tradicional.

6.000,00 €

10.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación.

12.000,00 €

10.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Grupo El Progreso para a xeración de recursos dixitais accesibles procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico das publicacións Diario de Pontevedra e El Progreso e destinalos á súa integración no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

Sen custo

10.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

15.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais.

15.000,00 €

15.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural Évame-Oroza para a realización de actividades culturais.

30.000,00 €

15.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística.

33.500,00 €

15.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Municipal de Cenlle.

Sen custo

15.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación de Lugo para a integración e difusión no repositorio de Galicia-Biblioteca Dixital de Galicia dos recursos dixitais procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico do Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Sen custo

15.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

4.000,00 €

22.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

9.000,00 €

22.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ortigueira para a conmemoración dos 50 anos da Escola de Gaitas de Ortigueira.

25.000,00 €

22.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ANPE Sindicato Independente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XXIII edición do premio de poesía Afundación.

8.675,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións de normalización e dinamización lingüística.

15.000,00 €

24.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da casa grande de Cima de Vila e actividade cultural Festa literaria do Premio Trasalba.

15.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para actuación en materia de normalización lingüística.

15.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro.

25.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia en materia de formación en patrimonio cultural para o ano 2025

15.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística.

36.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

53.000,00 €

24.4.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

Sen custo

24.4.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico, Festival Agustín Magán e Xornada 24 anos celebrado o teatro amador galego.

55.000,00 €

25.4.2025