A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resulta da necesidade de incardinar postos existentes conforme as escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (disposicións adicionais oitava e novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).
Esta incardinación xustifícase cunha dobre finalidade. Por un lado, consolidar tanto a debida especialización das funcións inherentes aos postos como a idoneidade das persoas que accedan a eles, mediante os correspondentes procedementos de selección e/ou de mobilidade, e manter maiormente a clasificación restante; por outro lado, dar cumprimento ás obrigas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
En consecuencia, tras seren consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de maio de 2025, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de maio de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
