DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28340

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR353C).

BDNS (Identif.): 833033.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833033 REG (UE) 2023/2831 Xeral

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833024 REG (UE) 1408/2013 Sector agrícola

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833025 REG (UE) 717/2014 Sector pesqueiro

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2025, de subvencións para a contratación por conta allea que realicen as empresas e persoas empregadoras para facilitarlles a mozas e mozos menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

Segundo. Persoas empregadoras e empresas beneficiarias

Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

Terceiro. Gastos subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de:

– Contratos para a obtención da práctica profesional.

– Contratos de formación en alternancia.

Os contratos terán unha duración mínima de doce (12) meses e deberán ser a xornada completa.

O período durante o cal se teñen que realizar os contratos formativos para que sexan subvencionables comprende desde o 16 de outubro de 2024 ata o 15 de outubro de 2025.

Cuarto. Contía dos incentivos

As contías máximas do incentivo á contratación por doce (12) meses a xornada completa que se concederán con carácter xeral serán as seguintes:

a) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

b) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.

c) Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €.

Quinto. Bases reguladoras

Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR353C).

Sexto. Presentación de solicitudes e prazo

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o sétimo día natural despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración