No marco establecido nos artigos 35, 40 e 49 da Constitución española, e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, cómpre adoptar políticas que promovan a calidade dun modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a sociedade galega para crear emprego, en especial para aquelas persoas cuxa integración laboral supón máis dificultades, como son as persoas con discapacidade e as persoas en situación de exclusión social.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29, atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, polo que asume as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.
De acordo co disposto no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixou a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, correspóndenlle á Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social a planificación, a coordinación, a execución e o control das competencias da Comunidade Autónoma en materia de centros especiais de emprego (en diante, CEE) e empresas de inserción (en diante, EI), así como a promoción e o fomento da economía social.
A Xunta de Galicia recolleu como programas propios do Plan anual para o fomento do emprego digno as actuacións en materia de axudas aos CEE e ás EI, o que permite establecer melloras do recollido na normativa estatal.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en concordancia co desenvolvemento doutras medidas no ámbito social, na execución das políticas activas de emprego e no marco do Plan estratéxico de Galicia 2022-2030, establece accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade e aquelas en risco de exclusión, que teñen por obxecto a mellora da súa empregabilidade e, coordinadamente, o establecemento de medidas para a súa inserción normalizada no mercado de traballo, pois entende que o acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración destes colectivos na economía e na sociedade nun sentido amplo.
Do mesmo xeito, a Estratexia galega de economía social Horizonte 2027 recolle como actuacións prioritarias o reforzo dos programas de creación de emprego, con especial atención á integración de colectivos con especiais dificultades, como as persoas con capacidades diferentes e as que están en situación ou risco de exclusión, así como o apoio ás entidades que traballan para a integración laboral destes colectivos.
A Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social, declara os CEE e as EI constituídas e cualificadas como tales segundo a súa normativa reguladora como entidades prestadoras de servizos de interese económico xeral. Pola súa banda, a Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, recoñece de interese xeral e social a promoción, o estímulo e o desenvolvemento das entidades da economía social e das súas organizacións representativas.
O artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, define os CEE como aqueles cuxo obxectivo principal é realizar unha actividade produtiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións do mercado, que teñen como finalidade asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores e as súas traballadoras con discapacidade, ao mesmo tempo que é un medio de integración do maior número de persoas traballadoras con discapacidade ao réxime de traballo ordinario. O cadro de persoal dos centros especiais de emprego debe estar constituído polo maior número posible de persoas traballadoras e, en todo caso, polo 70 por 100 daquel.
Pola súa banda, as empresas de inserción, reguladas no ámbito estatal na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, constitúen unha tipoloxía especial dentro das empresas de carácter social que teñen por finalidade a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario.
Este texto normativo ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos CEE co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade e das persoas en risco de exclusión.
A orde estrutúrase en tres títulos e oito capítulos. O título I recolle as disposicións xerais a todas as axudas e dispón a convocatoria das axudas para o ano 2025.
O título II recolle bases reguladoras dos tres programas ou liñas de axudas á CEE claramente diferenciadas. O capítulo I trata as normas xerais relativas ás axudas destinadas aos CEE e nos capítulos II a IV determínanse as condicións específicas de tres programas ou liñas de axuda claramente diferenciadas:
– Programa I: o capítulo II do título II establece as bases reguladoras específicas das unidades de apoio á actividade profesional dos CEE, que consiste na subvención parcial dos custos salariais e de seguridade social do persoal indefinido destas unidades que apoiarán as persoas con discapacidade que teñan máis dificultades de integración sociolaboral.
– Programa II: o capítulo III do título II regula as axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego.
– Programa III: o capítulo IV do título II regula as axudas ao mantemento do custo salarial, que ten por obxecto regular a compensación económica pola prestación do servizo de interese económico xeral desenvolvida polos CEE, mediante o financiamento parcial dos custos salariais dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade.
O título III recolle as bases reguladoras dos dous programas de axudas a empresas de inserción. O capítulo I trata as normas xerais relativas ás axudas destinadas ás EI e nos capítulos II a III determínanse as condicións específicas de dous programas ou liñas de axuda claramente diferenciadas:
– Programa IV: o capítulo II do título III regula as axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.
– Programa V: o capítulo III do título III regula as axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
Consecuentemente con todo o anterior, logo dos informes da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Simplificación administrativa e do Patrimonio, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e autorizadas polo Consello da Xunta de Galicia a exención da obriga de constituír garantías para os pagamentos anticipados, así como a modificación das porcentaxes máximas destes, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Título I
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:
a) Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego, regulado no capítulo II (código de procedemento TR341K).
b) Programa II: axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego, regulado no capítulo III (códigos de procedemento TR341E e TR341N).
c) Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, regulado no capítulo IV (códigos de procedemento TR341M TR341V), conforme o establecido no artigo 54.2 a) e b).
2. Así mesmo, esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social, mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:
a) Programa IV: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356A).
b) Programa V: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356C).
3. Esta orde convoca as axudas aos CEE e ás EIS para o ano 2025.
Artigo 2. Principios de xestión
A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
Artigo 3. Normativa aplicable
As solicitudes, a tramitación e a concesión destas axudas axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; no Real decreto 818/2021, do 28 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego do Sistema nacional de emprego; e na Orde TES/1077/2023, do 28 de setembro, pola que se establecen, no ámbito competencial do Servizo Público de Emprego Estatal, as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas ao financiamento de programas de políticas activas de emprego previstos no Real decreto 818/2021, do 28 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego do Sistema nacional de emprego.
Artigo 4. Financiamento
1. Os programas regulados nesta orde están financiados con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.
2. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará limitada á existencia de crédito orzamentario.
3. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas aos programas desta orde.
4. Os créditos consignados en cada convocatoria poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.
5. De producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada aplicación orzamentaria, proxecto ou programa, reatribuiranse as contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutras aplicacións, proxectos e/ou programas. As reatribucións levaranse a cabo, logo das modificacións orzamentarias que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
6. Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles en cada convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito.
Artigo 5. Definicións
Para os efectos das axudas previstas nesta orde, entenderase por:
1. Persoas con discapacidade: aquelas que teñan recoñecida pola Administración competente unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.
Tamén terán a consideración de persoa con discapacidade a persoa pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión de incapacidade permanente en grao de total, absoluta ou grande invalidez e a persoa pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
2. Persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral: as persoas que se encontren nalgún dos seguintes supostos:
a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
c) Persoas pertencentes a colectivos con especial vulnerabilidade, definidos como tales en cada convocatoria de axudas.
3. Persoa traballadora: a persoa vinculada ao CEE ou á EI por un contrato laboral ou a persoa socia traballadora no caso de que o CEE sexa unha cooperativa.
4. Persoa desempregada: aquela que figure rexistrada como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta na Seguridade Social.
5. Persoa en situación ou risco de exclusión social: aquela en a que concorra a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
6. Persoa emigrante retornada: de acordo co establecido nos artigos 53 e 54 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, terán a condición de persoa galega retornada as persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade Autónoma galega. Para os efectos previstos nesa lei, asimílanse a persoas galegas retornadas os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os fillos e fillas das persoas galegas e nadas en Galicia con residencia no estranxeiro que, residindo fóra de España, establézanse na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:
– Ser persoa galega nada en Galicia ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal cunha persoa en que concorran estas condicións.
– Estar en posesión da nacionalidade española e ter vinculación cun concello galego no Padrón de residentes no exterior antes do retorno.
– Constar no padrón dun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para adquirir esta condición de persoa emigrante retornada non deben transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta orde.
7. Persoa trans: toda aquela persoa que se identifica cun xénero diferente ao que lle foi asignado ao nacer.
8. Centros especiais de emprego de iniciativa social: os que, cumprindo as condicións recollidas no artigo 43.4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, estean recoñecidos con esa condición polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderase que teñen esta condición todos os CEE que estean cualificados como «sen ánimo de lucro» polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.
9. Servizos de axuste persoal e social: os servizos de rehabilitación, terapéuticos e de integración social orientados ás persoas traballadoras con discapacidade dos centros especiais de emprego, sempre que lle procuren á persoa traballadora con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.
10. Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada no nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos excepto os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.
Artigo 6. Competencia
A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería Emprego, Comercio e Emigración, corresponderalles:
1. Á persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, cando se trate de solicitudes dos programas I, II, IV e V.
2. Ás persoas titulares das direccións territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cando se trate de solicitudes do programa III, referidas a centros de traballo radicados na respectiva provincia.
3. Son órganos instrutores:
• A Subdirección Xeral de Economía Social da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para os programas I, II, IV e V (códigos de procedemento TR341E, TR341N, TR341K, TR356A e TR356C).
• O Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social das direccións territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o programa III de subvencións ao custo salarial (códigos de procedemento TR341M e TR341V).
Artigo 7. Solicitudes
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas regulados nesta orde. As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados que se publicarán con cada convocatoria de axudas como anexos I, II, III, IV-A, IV-B, XI e XII (segundo o tipo de axuda de que se trate) e que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Artigo 8. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán xuntar coa solicitude a documentación complementaria sinalada para cada un dos programas de axudas definidos nestas bases reguladoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou ditos documentos, que serán recadrados de forma electrónica a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberán indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 9. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 11. Emenda da solicitude e reformulación
1. A unidade administrativa encargada da instrución do expediente comprobará se a solicitude e a documentación presentada reúnen os requisitos exixidos nesta orde e, no caso de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requirirá a persoa interesada para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará que a persoa ou entidade interesada desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
2. Cando o importe da proposta de resolución provisional de subvención sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase instar do beneficiario a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención otorgable.
3. Non se concederán subvencións por importes superiores a 2.900.000,00 € por beneficiario. No caso de que a solicitude inicial supere a dita contía, poderase instar o beneficiario a que a reformule.
Artigo 12. Procedemento de concesión e fase de instrución
1. O procedemento de concesión das subvencións previstas nesta orde realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, polo obxecto e pola finalidade da subvención, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
A concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos e en función da orde de entrada da solicitude no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (teranse en conta a data e a hora de presentación da documentación completa requirida nestas bases reguladoras) ata o esgotamento do crédito orzamentario.
2. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data e a hora en que se presentase a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.
3. O órgano instrutor dos expedientes realizará as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.
Artigo 13. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 14. Resolución e recursos
1. Logo de fiscalización pola Intervención das propostas emitidas polos órganos instrutores do procedemento, as resolucións serán ditadas polo órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
2. As resolucións deberán ser sempre motivadas e nelas acordarase o outorgamento da axuda ou a non concesión, a desistencia ou a renuncia ao dereito, e notificaránselles ás persoas interesadas.
3. As resolucións de concesión dos programas I, II e III indicarán o período subvencionado e o importe concedido e incluirán como anexo a relación dos traballadores e das traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego (no caso do programa I) ou a relación dos postos de traballo (no caso dos programas II e III-liña 1) tidos en conta para o cálculo da contía da subvención, así como a súa xornada laboral, o tipo de contratación (no caso dos programas I e II) e a duración dos contratos temporais.
Así mesmo, as resolucións do programa I indicarán o persoal da unidade de apoio subvencionado, a súa xornada e o número de persoas con discapacidade atendidas.
4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con anterioridade á interposición do dito recurso, poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
6. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da axuda.
7. A concesión e, de ser o caso, o pagamento das axudas ás entidades beneficiarias quedarán condicionados á terminación dos procedementos de reintegro ou sancionador, iniciados no marco das axudas ou subvencións da mesma natureza concedidas pola Comunidade Autónoma de Galicia e os seus organismos vinculados ou dependentes.
Artigo 15. Pagamento da subvención
1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.
2. A unidade administrativa responsable da instrución analizará a documentación xustificativa acreditativa da realización da actividade obxecto da subvención e emitirá unha proposta de pagamento que se elevará ao órgano competente para resolver.
3. O pagamento da axuda efectuarase de forma nominativa a favor das persoas ou entidades beneficiarias.
4. Poderán realizarse pagamentos anticipados do gasto do 90 % da subvención (que serán do 100 % no caso do programa III), con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que a entidade beneficiaria o solicite marcando esta opción no anexo de solicitude ou mediante escrito dirixido ao órgano xestor da axuda en calquera momento anterior á data límite de xustificación das axudas e, no caso dos programas IV e V, unha vez que se comproben as altas na Seguridade Social das persoas traballadoras polas cales se solicita a subvención, así como daquelas destinatarias finais, de ser o caso.
5. Para realizar estes pagamentos anticipados, as entidades beneficiarias quedan exentas da obriga de constituír garantías, conforme o disposto no artigo 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
6. A liquidación da axuda terá lugar cando se liquide o expediente, unha vez xustificada a totalidade da axuda concedida e despois de ditar as resolucións complementarias ou revogatorias que procedan segundo o previsto no artigo 17.
Se a vista da documentación presentada pola entidade beneficiaria, para o pagamento da axuda resulta xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada e declararase a perda do dereito ao cobramento das contías non xustificadas.
Se a contía xustificada é inferior á anticipada procederá o reintegro das cantidades cobradas indebidamente, que a entidade poderá ingresar de maneira voluntaria segundo o previsto no artigo 19.
7. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e coa Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.
8. No caso das subvencións recollidas no título II, non procederá o pagamento final da subvención mentres o CEE non estea ao día no cumprimento da obriga de presentar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a memoria anual prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento. O cumprimento desta obriga será comprobado de oficio polo órgano xestor das subvencións.
Artigo 16. Obrigas xerais das entidades beneficiarias
Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño; en especial, as seguintes:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. Especificamente para a liña 1 do programa III, presentar a documentación xustificativa da axuda nos termos do disposto no artigo 57 desta orde.
c) Someterse ás actuacións de comprobación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como a calquera outra actuación, xa sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal deberán achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
Excepto aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
De acordo con esta obriga, no caso dos centros especiais de emprego, estes deberán anunciar no seu domicilio social, nos seus centros de traballo e nos seus vehículos que están a ser subvencionados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o SEPE. Para iso incorporarán un rótulo visible ao público que inclúa o nome do centro, a expresión «centro especial de emprego» e o logotipo da Xunta de Galicia, o do SEPE e o do Ministerio de Traballo e Economía Social.
No caso das empresas de inserción, estas deberán anunciar que están a ser subvencionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal no seu domicilio social e nos seus centros de traballo e vehículos. Para iso, incorporarán un rótulo visible ao público que inclúa o nome da empresa, a expresión «Empresa de inserción» ou EI e o logotipo da Xunta de Galicia, o do SEPE e o do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Os formatos que se utilicen serán os proporcionados pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, que constan na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, na ligazón https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
Así mesmo, deberán informar as persoas traballadoras respecto da subvención do seu contrato.
i) Levar a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e a normativa regulamentaria de desenvolvemento.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) Someter a auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio en que recibisen subvencións ou axudas públicas por un importe total acumulado superior a 600.000 euros, de acordo con o Real decreto 2/2021, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas.
Artigo 17. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.
Artigo 18. Revogación e reintegro
1. Procederá a revogación das subvencións establecidas nesta orde, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pago da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, e nos indicados expresamente nos artigos 42 e 52 e 67 desta orde.
A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión, de acordo co procedemento e causas establecidas no artigo 32 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a obrigación de devolver as cantidades percibidas.
2. De conformidade co artigo 14.1, letra n), da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se deba reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:
a) A obtención da subvención falseando os datos, feitos ou documentación, así como as condicións requiridas para a concesión ou ocultando aquelas que o impedisen: reintegro do 100 % da subvención concedida.
b) O incumprimento da finalidade, requisitos e condición esixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da subvención concedida.
c) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación previstas no artigo 16.c) desta orde; o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos, previstas nas letras f) e g) do artigo 16, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente pública ou privado: reintegro do 100 % da subvención concedida.
d) O incumprimento da obrigación en materia de publicidade do financiamento público, mediante a colocación do rótulo visible ao público, conforme ao previsto no artigo 16.h): reintegro do 2 % da subvención concedida.
Con todo, no suposto de resultar aínda posible o cumprimento desta obrigación, o órgano xestor deberá requirir á entidade beneficiaria para que incorpore o rótulo, nun prazo non superior a 15 días, con expresa advertencia de que o seu incumprimento implicará o inicio do expediente declarativo da procedencia do reintegro.
e) O incumprimento da obrigación de comunicar ao órgano concedente a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, públicos ou privados, que financien as actividades subvencionadas: reintegro do 5 % da axuda concedida.
3. A entidade beneficiaria deberá reintegrar o exceso de financiamento, público ou privado, respecto do custo total da actividade subvencionada. Cando se produza exceso das subvencións percibidas de distintas entidades públicas respecto do custo da actividade, e estas fosen compatibles entre si, a entidade beneficiaria deberá reintegrar o exceso xunto cos intereses de demora, unindo as cartas de pago á correspondente xustificación. O reintegro do exceso farase a favor das entidades concedentes en proporción ás subvencións concedidas por cada unha delas.
4. O procedemento de reintegro tramitarase conforme ao previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. As obrigacións de reintegro establecidas neste artigo enténdense sen prexuízo da posible cualificación dos feitos como infracción administrativa e incoación do expediente sancionador, de acordo cos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Artigo 19. Devolución voluntaria da subvención
1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta bancaria ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.
2. A entidade beneficiaria deberá presentar, ante o órgano concedente, copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e denominación da subvención concedida.
3. A devolución voluntaria non exclúe a reclamación dos xuros de demora cando se considere procedente o reintegro da subvención.
Artigo 20. Seguimento e control
1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento do programa.
Para realizar estas funcións poderanse utilizar cuantos medios estean á disposición da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.
2. O órgano competente para resolver poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.
3. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas para os diferentes tipos de axudas previstas nesta orde.
Artigo 21. Adecuación das axudas á normativa
Os CEE e as EI decláranse entidades prestadoras de servizos de interese económico xeral, de conformidade co artigo 5.4 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social, segundo a redacción dada pola Lei 31/2015, do 9 de setembro, pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da economía social (BOE núm. 217, do 10 de setembro).
As axudas que se regulan nesta orde son compatibles co mercado interior, non constitúen axudas de Estado e están exentas da obriga de notificación establecida no artigo 108.3 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE), dado que cumpren os criterios establecidos na Decisión da Comisión 2012/21/UE, do 20 de decembro de 2011, relativa á aplicación do artigo 106, número 2, do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas estatais en forma de compensación por servizo público concedidas a algunhas empresas encargadas da xestión de servizos de interese económico xeral (DOUE L núm. 7, do 11 de xaneiro de 2012).
Os parámetros establecidos para determinar a compensación económica pola prestación do servizo de interese económico xeral serán:
a) No Programa I, os custos salariais do persoal das unidades de apoio á actividade profesional. O límite da axuda será o 100 % ou 80 % dos custos salariais (incluídos os gastos da Seguridade Social) segundo que os centros sexan de iniciativa social ou teñan un número igual ou superior ao 50 % do seu cadro de persoal total composto por persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 destas bases, ou sexan CEE que non cumpran algún dos requisitos anteriores.
b) No Programa II, o gasto realizado cuns límites que oscilan entre o 100 % e o 55 % segundo os parámetros do artigo 49.
c) No Programa III, o salario mínimo interprofesional (SMI) vixente en cada convocatoria cuns límites que oscilan entre o 65 % e o 50 % segundo os parámetros do artigo 55 para a liña 1, e entre o 60 % e o 50 % segundo os parámetros do artigo 58bis para a liña 2.
d) No Programa IV, o 100 % do salario mínimo interprofesional vixente.
e) No Programa V establécense os seguintes parámetros:
– Máximo do 50 % do custo salarial de xerentes, persoas técnicas de produción e técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
– Máximo do 80 % dos custos realizados en asistencias técnicas, gastos en bens correntes no primeiro ano de creación da empresa e gastos en investimento material cando se crean postos de traballo.
– Ata o 100 % dos gastos en formación da persoa en inserción necesaria para complementar a súa vida profesional.
– Un incentivo de 6.000,00 € por persoa plenamente inserida no mercado ordinario de traballo como compensación ao labor de mediación laboral e seguimento e orientación durante os comezos da inserción.
Estas contías sufragan parte dos gastos ocasionados aos CEE e EI pola prestación dos servizos de interese xeral. Por tratarse de contías previamente determinadas, que en ningún caso poderán exceder o custo económico dos servizos prestados, non resulta necesario establecer parámetros para evitar e recuperar posibles compensacións excesivas, excepto a comprobación da concorrencia e compatibilidades das subvencións.
Título II
Axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N, TR341M e TR341V)
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 22. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas no título II desta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren rexistrados como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV do título II desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito decreto; para os efectos desta subvención, admitiranse os centros de traballo que presentasen a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.
En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade e dos centros de traballo no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE de iniciativa social cando cumpra.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas neste título:
a) As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) As entidades que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
Entenderanse por servizos de axuste persoal e social os que permitan axudar a superar as barreiras, obstáculos ou dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos CEE teñan no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como na permanencia e progresión nel.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de teren unha xestión diferenciada, deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non estean ao día nas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.
3. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b), c) e d) do número 2 deste artigo para poderen obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III, IV-A e IV-B).
O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.
Artigo 23. Persoas destinatarias finais
1. A integración laboral por medio de centros especiais de emprego vai dirixida a persoas desempregadas ou ocupadas que teñan un grao de discapacidade recoñecido superior ou igual ao 33 %, que teñan un contrato laboral co CEE ou que sexan persoas socias traballadoras, no caso de que o CEE sexa unha cooperativa, e que desempeñen o seu posto de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
No Programa I, as persoas destinatarias finais son as persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción sociolaboral, tal e como se definen no artigo 5.2.
2. As persoas traballadoras con discapacidade a que se dirixe esta orde non deben ocupar postos que quedasen vacantes como consecuencia dun despedimento declarado ou recoñecido improcedente dunha persoa traballadora con discapacidade pola cal se concedeu a subvención ao abeiro desta ou doutras ordes de convocatoria de axudas a CEE.
3. As condicións do posto de traballo de cada unha das persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención deben adaptarse ás condicións individuais de cada persoa, de maneira que esta poida desenvolver as tarefas básicas do seu posto de traballo sen menoscabo das súas capacidades.
Artigo 24. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o oitavo día hábil seguinte ao da súa publicación no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do oitavo día hábil ao da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
2. Para cada programa de axudas presentarase unha solicitude por cada centro de traballo, con excepción das axudas establecidas no artigo 48 (asistencia técnica), para as cales se deberá presentar unha única solicitude por CEE.
Artigo 25. Período subvencionable
Con carácter xeral, o período subvencionable comprenderá desde o 1 de decembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
No caso da liña 2 do programa III, o período subvencionable abranguerá desde o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2024.
Artigo 26. Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados neste título consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de que a persoa solicitante está ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de que está a persoa solicitante está ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificación de que a persoa solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante.
j) DNI ou NIE das persoas con discapacidade do CEE e das persoas traballadoras polas cales se solicita a subvención, de ser o caso.
k) Consulta dos contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou das persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
l) Informe da vida laboral das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou das persoas con discapacidade destinatarias da subvención, de ser o caso.
m) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas cales se solicita a subvención e/ou ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
n) Certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade do CEE destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
o) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego, relativo ás persoas polas cales se solicita a subvención, cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
p) Titulacións universitarias/non universitarias.
2. Para a tramitación da liña 2 do Programa III consultaranse automaticamente os seguintes datos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, derivados da tramitación dos expedientes correspondentes ao Programa III (código de procedemento TR341M) tramitado ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2024, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Certificación, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, da relación do persoal con discapacidade do centro de traballo de alta na Seguridade Social, ordenada alfabeticamente por apelidos, en función da cal se realizou o cálculo da resolución de concesión, referida ao primeiro mes polo que se solicitou a subvención, así como o importe da subvención que se solicitou segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
c) A relación das persoas indicadas na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Informe de datos para a cotización IDC das novas persoas traballadoras con discapacidade contratadas con respecto á convocatoria anterior en que se recibiu subvención por este programa.
e) Relación nominal das persoas traballadoras con discapacidade do CEE, incluídas na cotización á Seguridade Social (RNT), referidas ao primeiro día do mes do período subvencionable, así como a declaración responsable co contido mínimo que recolle o modelo publicado na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0156.html&langld=es_ES
f) Certificación de discapacidade das persoas traballadoras con discapacidade do CEE, recoñecida fóra de Galicia, de ser o caso.
g) Resolución ou certificación en que figure o tipo ou grao de discapacidade cando esta derive dun recoñecemento de pensión por incapacidade permanente e corresponda a algunha das sinaladas no artigo 5.2, letras a) e b) da Orde do 5 de febreiro de 2024.
h) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade do CEE.
i) Memorias xustificativas mensuais asinadas dixitalmente polo responsable do CEE, referidas a todas as mensualidades polas cales se solicitou subvención, en que deberá constar que os datos manifestados na documentación da axuda son correctos e que inclúen as seguintes epígrafes, segundo o modelo que consta na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas- subvencions/emprego:
• Certificación, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, da relación do persoal con discapacidade polo cal se percibe a subvención, ordenada alfabeticamente, segundo o modelo que consta na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
• A relación das persoas indicadas no punto anterior, en formato editable (folla de cálculo).
• Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social (RNT), así como todas as variacións de datos á Seguridade Social. O recibo de liquidación das cotizacións (RLC) e os correspondentes xustificantes de pagamento. As nóminas das persoas traballadoras subvencionadas e os xustificantes bancarios do seu pagamento.
• Informe de datos para a cotización (IDC) das persoas traballadoras con discapacidade do CEE polas cales se solicita a subvención, contratadas no mes que se xustifica, de ser o caso.
• Xustificantes de alta e de baixa médicos das persoas traballadoras con discapacidade.
• Os contratos de traballo asinados.
• Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade contratadas no mes que se xustifica.
• Anexo VI: declaración do cumprimento por parte do CEE da obriga de informar as persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención con cada novo contrato.
j) Conta xustificativa, que deberá conter:
• Documento de achega da documentación xustificativa segundo o anexo X.
• Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas de difusión a que se refire o artigo 19.h) da Orde do 5 de febreiro de 2024 (colocación de rótulo).
• Anexo VI: declaración do cumprimento por parte do CEE da obriga de informar as persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención do seu contrato.
• Informe sobre a conta xustificativa, elaborado por unha persoa auditora de contas rexistrada como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, que deberá conter manifestación expresa, segundo o modelo que consta na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, acerca de que os datos que constan nas certificacións mensuais sinaladas no artigo 48.1.a) da Orde do 5 de febreiro de 2024 son correctos, e indicación expresa acerca das seguintes cuestións:
1º. Manifestación expresa acerca de que os datos que constan nas certificacións e relacións mensuais sinaladas nas letras a) e b), respectivamente, do número 1 do artigo 48 da Orde do 5 de febreiro de 2024 son correctos e conformes co convenio colectivo que resulta de aplicación.
2º. Verificación da existencia de recibos de salarios e documentos de transferencia bancaria que xustifiquen o seu pagamento, referidos ás persoas incluídas nas relacións mensuais do cadro de persoal.
3º. Verificación de que os días efectivamente traballados que constan nas certificacións mensuais e os días de baixa que lle corresponde aboar á empresa se corresponden cos que figuran nos recibos de salarios.
4º. Verificación da existencia de relación nominal das persoas traballadoras (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), referidos ás persoas incluídas nas relacións mensuais do cadro de persoal.
5º. Verificación da existencia dunha contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida, así como dunha contabilidade diferenciada da entidade titular, no caso de que o CEE non teña personalidade xurídica propia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Artigo 27. Fase de instrución
1. A instrución completarase incorporando ao expediente a información que conste na Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, sobre as autorizacións administrativas e inscricións no Rexistro como CEE e os seus centros de traballo, así como o seu recoñecemento e inscrición como centro especial de emprego sen ánimo de lucro ou de iniciativa social, conforme o previsto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.
2. O órgano xestor verificará co Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia que as entidades remitiron toda a documentación requirida por este e que están ao día nas súas obrigas rexistrais.
Artigo 28. Xustificación da axuda e gastos subvencionables
1. A xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos documentarase mediante conta xustificativa, que se presentará polos mesmos medios que os establecidos para a presentación das solicitudes e tendo en conta o artigo 10 desta orde.
A presentación da conta xustificativa deberá incorporar a documentación que se exixa na resolución de concesión e a correspondente segundo o programa de que se trate.
2. A data máxima de xustificación será o 31 de outubro de 2025 ou, de ser o caso, o prazo que se fixe na resolución de concesión. Con todo, se o prazo desde a notificación da resolución ata a data establecida como límite para xustificar resulta ser inferior a dez (10) días, o prazo será de dez (10) días contados desde a dita notificación.
No caso da liña 2 do Programa III, entregarase a totalidade da documentación xustificativa no momento da presentación da solicitude, tal e como se indica no artigo 58 ter.
3. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a persoa ou entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez (10) días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Excepcionalmente, e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda a metade deste. O acordo de ampliación deberá serlles notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.
4. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Considerarase gasto realizado o que corresponde a actuacións levadas a cabo no período de execución sinalado na convocatoria e que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación.
As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación, e estarán emitidas a nome do centro especial de emprego beneficiario das axudas.
5. Só se admitirá como documentación xustificativa do pagamento dos gastos a certificación bancaria ou extracto bancario identificado e selado. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.
Na certificación/extracto bancario deberán constar o número de conta e a titularidade das persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos (estas últimas deberán coincidir coas beneficiarias das axudas), así como o concepto e o importe (IVE incluído) do pagamento. Os mesmos datos deberán constar no caso de xustificantes bancarios emitidos a través da internet. Os datos dos xustificantes bancarios de pagamento deberán coincidir exactamente cos da factura ou os do recibo de salarios, segundo a axuda de que se trate.
Se o importe reflectido no documento bancario non coincide por existiren varios pagamentos agrupados, deberá presentarse unha desagregación onde se poidan identificar os pagamentos en cuestión.
6. Para a determinación dos gastos subvencionables teranse en conta as particularidades exixidas para cada un dos programas de axudas.
Artigo 29. Incompatibilidades
1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
2. As subvencións do custo salarial previstas no Programa III desta orde serán incompatibles, para a mesma persoa traballadora con discapacidade, coas establecidas para as unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE reguladas no Programa I, no suposto dunha persoa traballadora con discapacidade integrante da unidade de apoio á actividade profesional.
No caso de que se soliciten axudas para os dous programas e ambas reúnan as condicións para seren subvencionables, concederase unicamente a de custo salarial.
As axudas dos programas I e III serán incompatibles, respecto da mesma persoa con discapacidade, coas axudas que se convoquen baixo o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego.
Artigo 30. Obrigas xerais comúns aos centros especiais de emprego
Son obrigas dos CEE beneficiarios das subvencións, ademais das recollidas no artigo 16 desta orde, as seguintes:
a) Estar ao día no cumprimento das obrigas rexistrais previstas no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento; en especial, cumprir coas obrigas de comunicación previstas no seu artigo 7 e coa obriga de presentar a memoria anual, ante a Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería Emprego, Comercio e Emigración, co contido e no prazo establecido no seu artigo 8.
b) Para cumprir co establecido no artigo 13 do Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de CEE, os centros beneficiarios das subvencións deberán remitir, para efectos estatísticos, como máximo o 15 de febreiro do ano seguinte á publicación de cada convocatoria, a información referida ao 31 de decembro do ano da convocatoria que se indica no modelo publicado na páxina da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, na ligazón https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
Así mesmo, deberán presentar a certificación de realización do plan de prevención de riscos laborais a que se refire o artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
c) Cumprir co convenio colectivo que resulte de aplicación.
Artigo 31. Revogación e reintegro
1. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se reintegrará determinarase de acordo cos criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións recollidos no artigo 18 desta orde, así como segundo os seguintes criterios:
a) A percepción das subvencións polas persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional, coa percepción da subvención do custo salarial pola mesma persoa con discapacidade integrante da unidade de apoio á actividade profesional ou coa percepción da axuda á persoa de apoio e acompañamento á persoa con discapacidade cun contrato para a formación e a aprendizaxe, actualmente contrato de formación en alternancia, ao abeiro das axudas para a formación dual en CEE: reintegro do 100 % da subvención concedida á persoa traballadora da unidade de apoio.
b) O incumprimento da obriga de entregar a documentación indicada nas letras a) e b) do artigo 30: reintegro do 100 % da axuda concedida.
Artigo 32. Financiamento
1. O orzamento total destinado ás axudas a centros especiais de emprego nesta convocatoria 2025 será de 27.040.000 €. As subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo aos créditos previstos na Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, no programa de gasto da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social 324C, código de proxecto 2018 00099, e coa seguinte distribución inicial de importes de créditos:
|
Programas |
Procedemento |
Aplicación orzamentaria |
Importe |
|
Programa I. Unidades de apoio |
TR341K |
14.04.324C.470.3 |
1.350.000 € |
|
14.04.324C.481.3 |
234.000 € |
||
|
Programa II. Creación de postos estables, adaptación de postos de traballo e asistencias técnicas |
TR341E TR341N |
14.04.324C.470.3 |
900.000 € |
|
14.04.324C.481.3 |
156.000 € |
||
|
Programa III. Custo salarial das persoas con discapacidade |
TR341M TR341V |
14.04.324C.470.4 |
22.700.000 € |
|
14.04.324C.481.4 |
1.700.000 € |
|
Aplicación |
Proxecto |
Importe total |
Modalidade |
|
14.04.324C.470.3 |
2018 00099 |
2.250.000 € |
3010 |
|
14.04.324C.470.4 |
2018 00099 |
22.700.000 € |
3010 |
|
14.04.324C.481.3 |
2018 00099 |
390.000 € |
3010 |
|
14.04.324C.481.4 |
2018 00099 |
1.700.000 € |
3010 |
|
Total |
27.040.000 € |
||
2. A liña 1 do Programa de custo salarial das persoas con discapacidade fai unha distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas que será directamente proporcional ao número de postos de traballo polos cales se presentou solicitude de subvención/de postos de traballo polos que se concedeu subvención na convocatoria previa. Ao abeiro disto, en cada unha das provincias galegas a repartición dos ditos importes por aplicación orzamentaria realizarase en atención ás seguintes porcentaxes: A Coruña: 33 %, Lugo: 17 %, Ourense: 17 % e Pontevedra: 33 %. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.
3. Para esta liña do Programa III, no suposto de que o crédito asignado a unha provincia sexa superior ao número de solicitudes presentadas de maneira que exista remanente orzamentario, procederase a realizar unha repartición proporcional deste entre as provincias restantes en función do número de solicitudes presentadas en cada ámbito provincial.
4. De existir remanente nunha aplicación orzamentaria, poderase redistribuír a contía sobrante noutra aplicación. A redistribución levarase a cabo, despois da modificación orzamentaria pertinente, sen necesidade de realizar unha nova convocatoria e será necesaria a súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria inicial.
Capítulo II
Programa I. Programa de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional
dos centros especiais de emprego (código do procedemento TR341K)
Artigo 33. Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de Seguridade Social a cargo da empresa derivados da contratación indefinida das persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, previstas no artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.
A finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 34. Concepto de unidade de apoio á actividade profesional
Enténdese por unidades de apoio á actividade profesional os equipos multiprofesionais enmarcados dentro dos servizos de axuste persoal e social dos CEE que, mediante o desenvolvemento das funcións previstas no artigo 35 desta orde, permiten axudar a superar as barreiras, obstáculos ou dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos devanditos centros teñen no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como a permanencia e progresión nel.
Artigo 35. Funcións das unidades de apoio á actividade profesional
O persoal integrado nas unidades de apoio á actividade profesional definidas no artigo anterior desenvolverá as seguintes funcións:
a) Detectar e determinar, logo de valoración de capacidades da persoa e da análise do posto de traballo, as necesidades de apoio para que a persoa traballadora con discapacidade poida desenvolver a súa actividade profesional.
b) Establecer as relacións precisas co contorno familiar e social das persoas traballadoras con discapacidade, para que este sexa un instrumento de apoio e estímulo ao traballador ou traballadora na incorporación a un posto de traballo e á estabilidade nel.
c) Desenvolver cantos programas de formación sexan necesarios para a adaptación da persoa traballadora ao posto de traballo, así como ás novas tecnoloxías e procesos produtivos.
d) Establecer apoios individualizados para cada traballadora ou traballador e posto de traballo.
e) Favorecer e potenciar a autonomía e independencia das persoas traballadoras con discapacidade, principalmente, no seu posto de traballo.
f) Favorecer a integración de novas persoas traballadoras ao centro especial de emprego mediante o establecemento dos apoios adecuados para tal fin.
g) Asistir á persoa traballadora do centro especial de emprego no proceso de incorporación a ámbitos laborais e ao mercado común de traballo.
h) Detectar e intervir nos posibles procesos de deterioración evolutiva das persoas traballadoras con discapacidade co fin de evitar e atenuar os seus efectos.
Artigo 36. Persoal destinatario final do programa
1. O persoal destinatario final deste programa serán as traballadoras e os traballadores con discapacidade dos CEE que se atopen nalgún dos supostos que se describen no artigo 5.2, alíneas a) e b).
2. As unidades de apoio á actividade profesional poderán prestar servizo tamén ás persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego que non inclúa o punto anterior, a condición de que a dedicación a este persoal traballador non menoscabe a atención do persoal incluído no punto anterior.
Artigo 37. Entidades beneficiarias das subvencións
Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan neste programa os CEE da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran, ademais dos requisitos sinalados no artigo 22, os seguintes:
a) Que formen parte do seu persoal as persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2, letras a) e b), desta orde. No caso de contratos a tempo parcial, deberán celebrarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
b) Que dispoñan de unidades de apoio á actividade profesional, que teñan a composición establecida no artigo 39 desta orde. Para ser subvencionables, os contratos das persoas que formen parte da unidade de apoio deben cumprir coa legalidade vixente e ser indefinidos. Ademais, a prestación de traballo mínima subvencionable é de seis (6) meses. No caso de contratos a tempo parcial, deberán celebrarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
Artigo 38. Conceptos subvencionables e contía
1. As subvencións establecidas neste programa destinaranse a financiar os custos salariais e da Seguridade Social a cargo da empresa, correspondentes ás mensualidades que se indiquen en cada convocatoria de axudas, e derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional nos CEE, para o desenvolvemento das funcións descritas no artigo 35.
Así mesmo, serán subvencionables as contratacións de interinidade durante o tempo que se substitúa a persoa titular da praza de técnica ou encargada da unidade de apoio, dentro do período subvencionable.
2. Nos CEE cualificados de iniciativa social ou naqueles que teñan un número igual ou superior ao 50 % do seu cadro de persoal total composto por persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 destas bases reguladoras, a porcentaxe máxima subvencionable será o 100 % dos custos indicados no punto precedente e, no resto de centros, subvencionarase como máximo o 80 %.
En calquera caso, a contía da subvención non poderá exceder a fixada no convenio colectivo de aplicación para o posto de traballo do persoal traballador da unidade de apoio, estes importes serán como máximo de 1.500 € para o posto de técnico e de 1.200 € para o posto de encargado.
3. A contía base da subvención establécese en 2.400 € por cada persoa traballadora apoiada, co tipo e grao de discapacidade indicados no artigo 5.2 con contrato por tempo indefinido ou temporal de duración igual ou superior a seis meses a xornada completa.
A axuda reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos das persoas traballadoras con discapacidade sinaladas no parágrafo anterior, cando teñan unha duración inferior ao ano, así como en función da duración da xornada no caso de que o contrato sexa a tempo parcial.
4. O cálculo da subvención estimarase para todo o período subvencionable, tendo en conta as persoas con discapacidade co tipo e grao de discapacidade indicados no artigo 5.2 que figuren no persoal do CEE no primeiro mes polo que soliciten a subvención. Así mesmo, terase en conta a composición da unidade de apoio nese mesmo mes.
A solicitude inicial poderá incluír aquelas persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade indicados no artigo 5.2 que teñan contratos fixos-descontinuos pero non se encontren nese momento prestando servizos efectivos no CEE, así como aquelas que estean en situación de IT no momento de presentación da solicitude, aínda que estas deberán ser substituídas nos termos do artigo 42.b). Con todo, no momento do pagamento final ditaranse as resolucións revogatorias pertinentes polos períodos en que as persoas traballadoras apoiadas non prestasen servizos efectivos.
Artigo 39. Composición das unidades de apoio á actividade profesional
1. Os centros especiais de emprego que accedan a estas subvencións deberán dispoñer de unidades de apoio á actividade profesional cuxa composición se establecerá de acordo cos módulos que se indican a continuación:
a) Menos de 16 persoas traballadoras con discapacidade das indicadas no artigo 5.2: unha persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencias equiparables, polo menos, ao 20 % da súa xornada, e unha persoa encargada de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.
b) De 16 a 30 persoas traballadoras: unha persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, polo menos, ao 80 % da súa xornada, e dúas persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou as que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.
c) Máis de 30 a 45 persoas traballadoras: dúas persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, unha delas a tempo completo e a outra, polo menos, ao 50 % da súa xornada, e tres persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.
d) Máis de 45 a 60 persoas traballadoras: dúas persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, a tempo completo e catro persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.
e) Máis de 60 e ata 75 persoas traballadoras: tres persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencias equiparables, dúas delas a tempo completo e a outra, polo menos, ao 50 % da súa xornada, e cinco persoas encargadas de apoio á produción a tempo completo, ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.
f) Para máis de 75 persoas traballadoras: establecerase o cadro da unidade de apoio á actividade profesional proporcionalmente, segundo os criterios sinalados na letra e).
A persoa profesional técnica terá que ter unha titulación de grao medio ou superior relacionada co ámbito da discapacidade, e/ou coñecementos ou experiencia equiparables, e a experiencia que se acredite deberá ser, como mínimo, de 6 meses. A persoa encargada de apoio á produción deberá ter unha experiencia mínima de 3 meses.
2. Cando o número de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 a que se dirixe o servizo non se corresponda cos topes de cada módulo, o tempo de dedicación do persoal das unidades de apoio á actividade profesional será proporcional ao número das devanditas persoas traballadoras con discapacidade.
3. Soamente se terán en conta para o cálculo das unidades de apoio á actividade profesional e para o cálculo da contía da subvención aquelas persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 que estean a prestar servizos efectivos no centro especial de emprego, admitíndose, en todo caso, as persoas traballadoras con discapacidade que se incluíron na solicitude con base no segundo parágrafo do artigo 38.4.
4. Non se terán en conta para o cálculo da composición das unidades de apoio á actividade profesional e, por tanto, non serán subvencionables as persoas titulares dos centros especiais de emprego ou as que ocupen cargos de dirección e xestión neles.
Artigo 40. Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Memoria asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE que recolla os seguintes datos:
1º. Titularidade do centro, direccións dos centros de traballo e actividades que desenvolve.
2º. Cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social durante o exercicio anterior e, se é o caso, as causas que motivaron o incumprimento.
3º. Composición da unidade de apoio e funcións que vai realizar cada unha das persoas que a integran conforme o establecido no artigo 35 desta orde, con indicación da xornada de traballo que dedicarán a cada unha das funcións descritas.
4º. Obxectivos que se pretenden acadar coa unidade de apoio e recursos de que se dispón.
5º. Modelos de cronogramas, follas de verificación ou seguimento, indicadores de resultados ou calquera outra ferramenta que empregará o centro para avaliar a realización e consecución dos obxectivos descritos.
c) Certificación segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se relacionarán alfabeticamente por apelidos as persoas con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e as persoas que compoñen a unidade de apoio á actividade profesional.
Para ser subvencionables, a relación debe incluír aquelas persoas traballadoras con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e aquelas persoas que compoñen a unidade de apoio á actividade profesional que sexan fixas descontinuas e se encontren inactivas.
No caso de persoas traballadoras con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e persoas que compoñen a unidade de apoio que se encontren en situación de incapacidade temporal, para ser subvencionables, a relación debe incluír o titular do posto no caso de que no momento de presentación da solicitude non estea sendo substituído, ou a persoa que estea substituíndo a persoa titular do posto en situación de incapacidade temporal.
En todo caso, a relación debe acompañarse dunha declaración responsable asinada electronicamente pola persoa responsable do centro especial de emprego onde se indique a data de inicio da situación de incapacidade temporal, as persoas titulares dos postos, e as persoas substitutas. No caso de que aínda no se teña realizado a substitución, esta deberá realizarse no prazo máximo de dous (2) meses desde a data do inicio da incapacidade temporal e debe comunicarse no prazo máximo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
d) A relación das persoas indicadas na letra anterior en formato editable (folla de cálculo).
e) Documentación complementaria relativa ao persoal con discapacidade con especiais dificultades definidas no artigo 5.2, que será atendido pola unidade de apoio:
1º. Certificación de discapacidade recoñecida fóra de Galicia, se é o caso.
2º. Resolución ou certificación en que figure o tipo ou grao de discapacidade cando esta derive dun recoñecemento de pensión por incapacidade permanente.
f) Documentación complementaria relativa ao persoal indefinido que forma parte da unidade de apoio á actividade profesional e polo que se solicita a subvención:
1º. Currículo e outros documentos que acrediten a súa formación e/ou experiencia.
2º. Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
3º Contrato de traballo.
g) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade do CEE que van ser atendidas pola unidade de apoio e das persoas que forman parte da unidade de apoio á actividade profesional, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
h) Declaración responsable segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se especificará o convenio colectivo de aplicación, así como que o CEE cumpre no pagamento dos salarios tanto co convenio de aplicación como co SMI aplicable en cada momento.
Artigo 41. Documentación xustificativa
1. Para os efectos de proceder ao pagamento final da subvención, o CEE beneficiario deberá presentar a conta xustificativa, que incluirá a seguinte documentación:
a) Documento de achega da documentación xustificativa segundo o anexo VII, que inclúe a declaración de axudas solicitadas e/ou concedidas.
b) Memoria asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, congruente coa memoria presentada coa solicitude, en que se reflictan os seguintes datos:
1º. Descrición detallada das accións de apoio que cada unha das persoas traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional prestaron ás persoas con discapacidade, indicando o tempo e a xornada de traballo destinados a estas funcións.
2º. Cumprimento ou non dos obxectivos previstos e recursos destinados á consecución dos obxectivos.
3º. Cronogramas, follas de verificación ou de seguimento do apoio realizado e indicadores de resultados.
c) Certificación segundo o modelo que consta na páxina web https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se relacionarán alfabeticamente por apelidos as persoas con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e as persoas que compoñen a unidade de apoio á actividade profesional, indicando as variacións producidas respecto da resolución inicial durante o período subvencionable para acreditar as baixas e as correspondentes substitucións conforme o establecido no artigo 42.
d) A relación das persoas indicadas na letra anterior en formato editable (folla de cálculo).
e) Documentación xustificativa referida ás persoas traballadoras con discapacidade con especiais dificultades atendidas pola unidade de apoio:
1º. Certificación de discapacidade, se a discapacidade foi recoñecida fóra de Galicia, para as persoas contratadas con posterioridade á data de presentación da solicitude en caso de producirse substitucións conforme o establecido no artigo 42.
2º. Resolución ou certificación en que figure o tipo ou grao de discapacidade cando esta derive dun recoñecemento de pensión por incapacidade permanente, para as persoas contratadas con posterioridade á data de presentación da solicitude en caso de producirse substitucións conforme o establecido no artigo 42.
f) Respecto do persoal das unidades de apoio subvencionado, deberán presentar a seguinte documentación xustificativa:
1º. Certificación asinada dixitalmente pola persoa responsable do centro especial de emprego, e o persoal de apoio á actividade profesional, da imputación da súa xornada á unidade de apoio á actividade profesional.
2º. Declaración responsable conforme o modelo que se encontra na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, onde se manifeste que dispoñen dos documentos asinados pola persoa ou persoas traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional acerca da subvención do seu contrato laboral (anexo VI). O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.
3º. Nóminas do persoal que forma parte da unidade de apoio de todas as mensualidades incluídas no período subvencionable, así como os xustificantes bancarios de pagamento dos citados salarios.
4º. Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social de todas as mensualidades incluídas no período subvencionable. O recibo de liquidación das cotizacións (RLC) e os correspondentes xustificantes de pagamento.
g) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade do CEE que van ser atendidas pola unidade de apoio e das persoas que forman parte da unidade de apoio á actividade profesional para as persoas contratadas con posterioridade á data de presentación da solicitude en caso de producirse substitucións conforme o establecido no artigo 42, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
h) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigacións de difusión a que se refire o artigo 16.h) desta orde (colocación de rótulo).
i) O extracto do libro maior da entidade beneficiaria, asinado e selaxe, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se presenten deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos.
2. Ademais, mensualmente a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración responsable referida ao mes inmediato anterior ao cal se presenta onde se indique:
a) O número total de traballadores do CEE.
b) O número de traballadores con discapacidade do CEE.
c) O número de persoas que formen parte da unidade de apoio que presta servizo de apoio ás persoas traballadoras con discapacidade pertencentes ao CEE.
A presentación desta declaración responsable non exclúe a posibilidade de levar a cabo comprobacións de oficio por parte do órgano xestor. En caso de non presentarse esta declaración responsable, o órgano xestor dará traslado ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia para que este proceda ás investigacións correspondentes, e tense por correctos os datos achegados polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
Artigo 42. Obrigacións e reintegros específicos do programa I
Son obrigacións das entidades beneficiarias das subvencións previstas neste programa, ademáis das xerais recollidas nos artigos 16 e 30, as seguintes:
a) Manter os postos de traballo obxecto da subvención polo período subvencionable e manter a proporcionalidade exixida para a composición da unidade de apoio no artigo 39.
Cando se produzan vacantes ou baixas do persoal que integra as unidades de apoio á actividade profesional, deberán ser cubertas co fin de manter a mencionada proporcionalidade.
A cobertura do novo posto terá que realizarse no prazo de dous meses desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola entidade beneficiaria á Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun (1) mes desde a cobertura do posto.
No suposto de non manter os postos de traballo obxecto da subvención polo total do período subvencionable, de non manter a proporcionalidade establecida no artigo 39 desta orde ou de non comunicar en prazo as substitucións destinadas a manter a devandita proporcionalidade, procederá a revogación parcial da subvención concedida e, se é o caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas.
O despedimento improcedente do persoal das unidades de apoio á actividade profesional nos CEE que fosen obxecto de subvención dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda recibida pola súa contratación.
b) Manter no seu cadro o número de persoas con discapacidade en función das que se concedeu a subvención segundo o establecido no artigo 39 desta orde. No suposto de diminución deste número de persoas traballadoras con discapacidade que estean a prestar servizos efectivos no CEE, ou da duración dos contratos ou da súa xornada de traballo, procederá a revogación parcial da subvención concedida e, se é o caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas.
Cando se produzan vacantes, baixas, ou calquera outra suspensión do contrato por calquera das causas recollidas no artigo 45 do Estatuto dos Traballadores, das persoas con discapacidade que son atendidas pola unidade de apoio, incluídas aquelas persoas con discapacidade en situación de IT no momento da solicitude inicial, deberán ser substituídas co fin de manter o mesmo número de persoas atendidas.
Esta substitución deberá realizarse no prazo de dous (2) meses desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola entidade beneficiaria á Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución. De non cumprirse cos prazos para substituír e comunicar a substitución, procederá a revogación parcial da subvención concedida e, se é o caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas.
Artigo 43. Pagamento e resolución revogatorias
Sempre que así o solicite a entidade beneficiaria, efectuarase o pagamento anticipado da subvención concedida de acordo coas porcentaxes que se indiquen en cada convocatoria de axudas, que serán do 90 % da contía concedida. No caso de que a contía xustificada sexa inferior á concedida, ditaranse as resolucións revogatorias que procedan con respecto á resolución inicial no momento en que se liquide o expediente.
Capítulo III
Programa II. Axudas á creación de postos de traballo estables para persoas
con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego (códigos de procedemento TR341E e TR341N)
Artigo 44. Obxecto e entidade beneficiarias
O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables e financiar as adaptacións dos postos de traballo que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.
Artigo 45. Tipos de axuda e disposicións comúns
1. Neste programa recóllense tres liñas de axudas:
a) Axuda para a creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo (código de procedemento TR341E).
b) Axuda para a adaptación de postos de traballo (código de procedemento TR341N).
c) Axuda para a asistencia técnica (código de procedemento TR341N).
2. O gasto será subvencionable segundo contía máxima de subvención e nas porcentaxes máximas que se establecen no artigo 49 en función da liña de axuda de que se trate.
3. En ningún caso o importe das axudas concedidas poderá superar o importe total do custo ocasionado.
4. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, se é o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
5. Cando o importe do gasto que se toma como referencia da subvención supere a contía establecida para os contratos menores na normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude de ofertas, o CEE estará obrigado a solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes entidades provedoras, con carácter previo á realización da obra, entrega do ben ou prestación do servizo, agás que se xustifique debidamente a imposibilidade de obtelas. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente a elección cando esta non recaia na oferta economicamente máis vantaxosa.
6. No caso de que o CEE teña algunha vinculación societaria coa empresa/entidade que realice a obra ou subministración será requisito imprescindible obter a autorización previa do órgano concedente. Así mesmo, deberá presentar coa solicitude unha memoria xustificativa dos beneficios da contratación con esa entidade/empresa en que se exprese que a contratación se realiza conforme as condicións normais de mercado, así mesmo, e en todo caso, calquera que sexa o importe, presentarán tres presupostos, dous deles de empresas que non teñan ningún tipo de relación co CEE. A elección entre as ofertas presentadas axustarase aos criterios sinalados no parágrafo anterior.
Artigo 46. Creación de postos de traballo de carácter estable para persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego (código de procedemento TR341E)
1. Establécese unha axuda para a creación de postos de traballo de carácter estable calculada en función do investimento en activo fixo que se realice, excluídos os impostos que graven a adquisición. Subvencionarase:
• A creación de novos postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade rexistradas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego.
• A transformación en indefinidos dos contratos temporais.
2. Para que sexa subvencionable o proxecto de creación, tanto os contratos indefinidos ou as transformacións como o gasto subvencionable deberán realizarse nos períodos que indique a convocatoria. Os contratos deben cumprir coa legalidade vixente e, no caso dos contratos fixo-descontinuos, ter unha prestación de traballo mínima de seis (6) meses ao ano. No caso de que os contratos se celebren a tempo parcial, para que sexan subvencionables deberán celebrarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
3. O número de postos máximos subvencionables calcularase en función do ano de creación do CEE, da seguinte maneira:
• Durante os cinco primeiros anos desde a creación do CEE: será subvencionable un máximo de 7 postos de traballo de carácter estable por centro especial de emprego.
• A partir do sexto ano: será subvencionable un máximo de 5 postos de traballo de carácter estable por centro especial de emprego.
4. As iniciativas e proxectos referentes aos CEE que soliciten as axudas recollidas neste artigo deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira, e supoñer a creación de emprego estable. Así mesmo, deberán xustificar adecuadamente o investimento que implica o proxecto, que deberá estar directamente relacionado co posto ou postos de traballo creados.
Unicamente serán subvencionables aqueles novos postos de traballo que sexan cubertos por persoas con discapacidade con contrato indefinido e que supoñan un incremento neto do persoal fixo das persoas traballadoras con discapacidade da entidade beneficiaria. Para calcular o devandito incremento, tomarase como referencia o cadro medio de persoas traballadoras en alta durante os trinta días naturais anteriores á celebración do contrato. Este novo nivel de emprego estable alcanzado debe manterse durante un período mínimo de dous (2) anos, non computándose para o cálculo as variacións que se produzan como consecuencia da renuncia voluntaria, do recoñecemento da incapacidade laboral permanente total ou absoluta ou grande invalidez, da xubilación, da baixa por defunción, das modificacións por redución voluntaria do tempo de traballo ou polo despedimento disciplinario procedente, así como, no caso de subrogacións, polas causas legalmente estipuladas. Tamén quedarán excluídas do cómputo aquelas persoas traballadoras con discapacidade que transitasen á empresa ordinaria.
5. Para os efectos das axudas reguladas nesta orde, considerarase investimento en activo fixo:
a) Acondicionamento de locais de uso exclusivo para o exercicio da actividade no centro especial de emprego cualificado.
b) Adaptación de instalacións do centro de traballo cualificado.
c) Mobiliario do centro de traballo cualificado.
d) Vehículos necesarios para o transporte das persoas traballadoras con discapacidade ao lugar de traballo e para o desenvolvemento da actividade. En ningún caso se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.
e) Maquinaria para a extracción ou elaboración dos produtos do centro de traballo cualificado.
f) Utensilios ou ferramentas que se poden usar autonomamente ou conxuntamente coa maquinaria.
g) Equipos e programas informáticos do centro de traballo cualificado, así como a adaptación necesaria para o seu uso polas persoas con discapacidade do persoal polo que reciban esta subvención.
h) Equipos de oficina do centro de traballo cualificado.
i) Adquisición de locais ou terreos para o exercicio da actividade no centro especial de emprego cualificado.
6. A contía máxima das axudas establecidas neste artigo determínase con base nas seguintes regras:
1ª. Establécese unha contía base de 10.000 € por cada posto de traballo creado con carácter indefinido e a xornada completa. O importe desta contía será proporcional á xornada laboral. Para estes efectos, terase en conta a xornada laboral que conste no contrato indefinido ou na transformación.
2ª. Os importes anteriores poderán incrementarse cos seguintes incentivos (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:
a) Un 25 % se a persoa contratada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa contratada ten unha discapacidade con especiais dificultades de inserción segundo o expresado no artigo 5.2, alíneas a) e b), ou está en situación ou en risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa contratada é maior de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa contratada ten a condición de persoa emigrante retornada conforme establece o artigo 5.6.
e) Un 25 % se é persoa é trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo en que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural segundo a definición do artigo 5.10.
3ª. A contía máxima que se vai conceder nesta liña de axudas non supere os 25.000 € por cada posto creado.
Artigo 47. Adaptación de postos de traballo e asistencia técnica para os centros especiais de emprego (código de procedemento TR341N)
1. Establécese unha subvención para a adaptación de postos de traballo e para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Será requisito para a concesión desta axuda que se acredite a necesidade de adaptación ou eliminación de barreiras arquitectónicas para manter o posto de traballo en atención á discapacidade da persoa pola que se solicita a subvención.
A contía máxima desta axuda será de 1.800 € por cada posto adaptado.
A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e Seguridade Social, que será solicitado de oficio polo órgano instrutor.
2. Para ser subvencionables, os contratos das persoas cuxo posto de traballo se adapte deben cumprir coa lexislación vixente e ter unha prestación de traballo mínima de seis (6) meses. No caso de que os contratos se celebren a tempo parcial, para que sexan subvencionables deberán celebrarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
Artigo 48. Asistencia técnica (TR341N)
1. Establécese unha subvención para asistencia técnica prestada por empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional. Poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:
a) Contratación de persoal de dirección, sempre que o CEE teña, como mínimo, 10 persoas traballadoras. Esta axuda poderá concederse, como máximo, en dúas convocatorias.
b) Custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
c) Nos casos de creación dun centro de traballo (creación dunha novo CEE ou ampliación do centro de traballo, coa debida cualificación do Rexistro Administrativo de CEE de Galicia) ou nos casos de diversificación da actividade do centro suficientemente acreditada, poderán outorgarse axudas de asistencia técnica consistentes en:
• Estudos de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.
• Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.
• Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de maneira obrigatoria por unha disposición que así o esixa.
• Auditorías sociais que permitan a empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación cos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
d) Custos derivados dos informes de igualdade e de informes LGTBIQ+.
2. As axudas por asistencia técnica teñen o límite de 15.000 € por CEE para todas as súas modalidades no seu conxunto.
Artigo 49. Porcentaxes subvencionables de gastos
1. Para as liñas de axudas de creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo (código de procedemento TR341E) e para a adaptación de postos de traballo (código de procedemento TR341N), os gastos (excluídos o IVE ou, se é o caso, os impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación) serán subvencionables nas seguintes porcentaxes:
a) Para os postos creados/adaptados de persoas con algunha das discapacidades recollidas no artigo 5.2, con independencia da antigüidade e do tipo de CEE: o 100 %.
b) No caso de persoas traballadoras con outro tipo de discapacidades:
1.b).1. Para os CEE de iniciativa social, ou e/ou que teñan un número igual ou superior ao 50 % do seu cadro de persoal total composto por persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 destas bases, o gasto é subvencionable ata as seguintes porcentaxes:
• Durante os 5 primeiros anos do CEE: o 100 %.
• Do sexto ao décimo ano: o 75 %.
• A partir do décimo primeiro ano: o 70 %.
1.b).2. Para o resto de CEE, as porcentaxes máximas serán os seguintes:
• Durante os 5 primeiros anos do CEE: o 80 %.
• Do sexto ao décimo ano: o 60 %.
• A partir do décimo primeiro ano: o 55 %.
2. Para a liña de axudas de asistencia técnica (código de procedemento TR341N), os gastos (excluídos o IVE ou, se é o caso, os impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación) serán subvencionables nas seguintes porcentaxes:
a) Para os CEE de iniciativa social, ou e/ou que teñan un número igual ou superior ao 50 % do seu cadro de persoal total composto por persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 destas bases, o gasto é subvencionable ata as seguintes porcentaxes:
• Durante os 5 primeiros anos do CEE: o 100 % do gasto.
• Do sexto ao décimo ano: o 90 % do gasto.
• A partir do décimo primeiro ano: o 80 % do gasto.
b) No caso do resto de CEE, as porcentaxes máximas serán os seguintes:
• Durante os 5 primeiros anos do CEE: o 80 % do gasto.
• Do sexto ao décimo ano: o 75 % do gasto.
• A partir do décimo primeiro ano: o 65 % do gasto.
3. En ningún caso se subvencionará por riba dos límites subvencionables recollidos nos artigos 46.6, 47.1 e 48.2.
Artigo 50. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude das axudas recollidas neste programa (anexo II para o código de procedemento TR341E e anexo III para o código de procedemento TR341N) a seguinte documentación complementaria común:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Orzamento detallado do gasto, conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, debidamente asinado pola persoa representante do CEE, cun calendario de execución.
c) Orzamento detallado do gasto, indicado no parágrafo anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Documentos relacionados nas letras b) e c). Segundo o tipo de axuda solicitada, achegaranse orzamentos, facturas pro forma ou documentos que acrediten os custos salariais (incluídos os de Seguridade Social).
e) As tres ofertas e as memorias mencionadas no artigo 45, epígrafes 5 e 6, se é o caso.
f) Declaración responsable segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se especificará o convenio colectivo de aplicación, así como que o CEE cumpre no pagamento dos salarios tanto co convenio de aplicación como co SMI aplicable en cada momento.
2. Documentación complementaria específica para as subvencións en función do investimento en activo fixo (código de procedemento TR341E –anexo II–):
a) De celebrarse os contratos polos que se solicita a subvención: declaración responsable conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que conste o persoal medio de traballadores en alta do CEE, en todos os seus códigos de conta de cotización, nos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, desagregada segundo tipo de contrato, diferenciando entre traballadores con e sen discapacidade, e incluíndo información de altas e baixas producidas durante o período. Ademais, Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, e Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta correspondente aos sete (7) días posteriores á celebración do contrato. No caso de que durante o período dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos producíronse baixas de traballadores con discapacidade con contratos indefinidos, o CEE deberá presentar igualmente documento xustificativo das ditas baixas, ofrecendo os datos anonimizados, mediante número de seguridade social do traballador que causase baixa.
b) Relación certificada das novas persoas con discapacidade contratadas con carácter indefinido ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE. De non terse celebrado os contratos, relación certificada do compromiso de contratación polo que se pide subvención segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE.
c) A certificación indicada na letra b) anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Plan de investimentos en activo fixo e xustificación da súa necesidade para a creación dos postos.
e) Estudo económico-financeiro de viabilidade do proxecto.
f) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das novas persoas con discapacidade contratadas con carácter indefinido ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado polas persoas interesadas mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de firmas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
g) Certificación de discapacidade das persoas polas que se solicita a subvención recoñecida fóra de Galicia, se é o caso.
h) De terse celebrado os contratos polos que se solicita a subvención, e no caso de que se dea algunha das circunstancias sinaladas no artigo 46.6. regra 2ª, deberá acreditarse, cando cumpra, as circunstancias de:
1º. Persoa emigrante retornada, mediante certificado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España. No caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nada en Galicia, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e, ademais, documentación que acredite o vínculo con esta.
2º. Persoa trans, mediante a documentación xustificativa de obter ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
3º. Situación ou risco de exclusión social, mediante certificado en que conste a dita situación ou risco.
3. Documentación complementaria específica para as subvencións de adaptación de postos de traballo (código de procedemento TR341N –anexo III–):
a) Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade, así como do investimento necesario, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE.
b) Certificación, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, da relación do persoal para o que se adaptan os postos, conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
c) A certificación indicada na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas traballadoras para as cales se adaptan os postos, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado polas persoas interesadas mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
e) Certificación de discapacidade das persoas traballadoras para as que se adaptan os postos, no caso de que a discapacidade fose recoñecida fóra de Galicia.
4. Documentación complementaria específica para as axudas de asistencia técnica sinaladas no artigo 48.1 (código de procedemento TR341N-anexo III):
a) Asistencia técnica do artigo 48.1.a):
• Memoria asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE sobre a xustificación da súa necesidade.
• Currículo da persoa que vai prestar o servizo.
• Anexo V: autorización para o tratamento de datos da persoa contratada, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
b) Asistencias técnicas do artigo 48.1.b): memoria, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña modalidade de asistencia solicitada e breve descrición do seu contido.
c) Asistencia técnica do artigo 48.1.c): memoria, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña:
• Modalidade de asistencia solicitada e xustificación da súa necesidade.
• Acreditación da diversificación da actividade, se é o caso.
• Índice do contido dos estudos e informes, se é o caso.
d) Asistencia técnica do artigo 48.1.d): memoria, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña modalidade de asistencia solicitada e breve descrición do seu contido.
Artigo 51. Documentación xustificativa da axuda
1. De non achegarse con anterioridade, presentarase a seguinte documentación xustificativa común:
a) Documento de achega da documentación xustificativa conforme os anexos VIII ou IX, segundo se trate do procedemento TR341E ou TR341N, respectivamente.
b) Relación das facturas e outros documentos xustificativos dos gastos realizados, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
c) A relación de documentos xustificativos do gasto, indicada na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Facturas ou outros documentos xustificativos do gasto, así como xustificantes bancarios de pagamento, identificadas e ordenadas segundo a relación a que se refire o apartado anterior. Nos xustificantes bancarios deberán constar, claramente, a persoa emisora e perceptora e o concepto do gasto.
e) Extracto do libro maior da entidade beneficiaria, asinado dixitalmente e selaxe, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvenciona dous e da subvención concedida. Os documentos contables que se acheguen deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos, se é o caso.
f) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigacións de difusión a que se refire o artigo 16.h) (colocación de rótulo) desta orde.
2. Cando se trate dalgunha das axudas para a creación de postos de traballo estables, recollidas no artigo 46 desta orde (procedemento TR341E), deberán presentar a seguinte documentación xustificativa específica:
a) Relación certificada das novas persoas contratadas con carácter indefinido, ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, segundo o modelo que consta na páxina web https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, incluíndo as substitucións que ocupen o posto de traballo que, conforme o acreditado no artigo 52, debe manterse durante un prazo mínimo de dous (2) anos, se non foi presentada con anterioridade.
b) A relación indicada na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo), se non foi presentada con anterioridade.
c) Declaración responsable conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que conste o persoal medio de traballadores en alta do CEE, en todos os seus códigos de conta de cotización, nos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, desagregada segundo tipo de contrato, diferenciando entre traballadores con e sen discapacidade, e incluíndo información de altas e baixas producidas durante o período. Ademais, Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, e Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta correspondente aos 7 días posteriores á celebración do contrato. No caso de que durante o período dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos producíronse baixas de traballadores con discapacidade con contratos indefinidos, o CEE deberá presentar igualmente documento xustificativo das ditas baixas, ofrecendo os datos anonimizados, mediante número de seguridade social do traballador que causase baixa.
d) Declaración responsable conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que conste o persoal medio de traballadores en alta do CEE, en todos os seus códigos de conta de cotización, nos trinta (30) días naturais anteriores á presentación da documentación xustificativa, desagregada segundo tipo de contrato, diferenciando entre traballadores con e sen discapacidade, e incluíndo información de altas e baixas producidas durante o período. Ademais, Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos trinta (30) días naturais anteriores á presentación da documentación xustificativa. No caso de que durante o período dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos producíronse baixas de traballadores con discapacidade con contratos indefinidos, o CEE deberá presentar igualmente documento xustificativo das ditas baixas, ofrecendo os datos anonimizados, mediante número de seguridade social do traballador que causase baixa.
e) Anexo V: autorización para o tratamento dos datos das novas persoas con discapacidade contratadas con carácter indefinido ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas que se solicita a subvención, e das substitucións que ocupen o posto de traballo de persoas polas que se solicita a subvención, que, conforme o acreditado no artigo 52, debe manterse durante un prazo mínimo de dous (2) anos, de non terse presentado con anterioridade. A dita autorización terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado polas persoas interesadas mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
f) Certificación de discapacidade recoñecida fóra de Galicia, se é o caso, das novas persoas con discapacidade contratadas con carácter indefinido ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas que se solicita a subvención e das substitucións que ocupen o posto de traballo de persoas polas que se solicitou a subvención, que, conforme o acreditado no artigo 52, debe manterse un prazo mínimo de dous (2) anos.
g) No caso de que se dea algunha das circunstancias sinaladas no artigo 46.6. regra 2ª, deberá acreditarse, cando cumpra, as circunstancias de:
1º. Persoa emigrante retornada, mediante certificado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España. No caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nada en Galicia, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e, ademais, documentación que acredite o vínculo con esta.
2º. Persoa trans, mediante a documentación xustificativa de obter ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
3º. Situación ou risco de exclusión social, mediante certificado en que conste a dita situación ou risco.
h) Adquisición de bens inmobles: acompañarase certificado de taxador independente, debidamente acreditado e rexistrado no correspondente rexistro oficial, en que se acredite que os fondos que se van a xustificar corresponden á adquisición de bens inmobles, se é o caso.
3. Ademais, mensualmente, a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración responsable referida ao mes inmediato anterior ao que se presenta onde se indique:
a) O número total de traballadores do CEE.
b) O número de traballadores con discapacidade do CEE.
c) O número de persoas que formen parte da unidade de apoio que presta servizo de apoio ás persoas traballadoras con discapacidade pertencentes ao CEE.
A presentación desta declaración responsable non exclúe a posibilidade de levar a cabo comprobacións de oficio por parte do órgano xestor. En caso de non presentarse esta declaración responsable, o órgano xestor dará traslado ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia para que este proceda ás investigacións correspondentes, e teranse por correctos os datos achegados polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
4. Axudas de asistencia técnica (procedemento TR341N). Presentarán a seguinte documentación xustificativa específica, se é o caso:
a) Na modalidade de contratación de persoal de dirección, establecida no artigo 48.1.a):
• Recibos de salarios, xustificantes bancarios de abonalos e recibo de liquidación de cotizacións fronte á Seguridade Social (RLC), das mensualidades a que se refire o período subvencionado, así como relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social de todas as mensualidades do período subvencionable.
• Anexo V: autorización para o tratamento de datos da persoa contratada, de non presentala con anterioridade. A dita autorización terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
b) Para as asistencias técnicas do artigo 48.1.b), presentaranse as certificacións de calidade obtidas.
c) Para as asistencias técnicas do artigo 48.1.c) presentarase copia dos estudos, informes, asesoramento ou auditoría realizados, se é o caso.
d) Para as asistencias técnicas do artigo 48.1.d), presentarase copia dos informes realizados.
5. Ademais, mensualmente a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración responsable referida ao mes inmediato anterior ao que se presenta onde se indique:
a) O número total de traballadores do CEE.
b) O número de traballadores con discapacidade do CEE.
c) O número de persoas que formen parte da unidade de apoio que presta servizo de apoio ás persoas traballadoras con discapacidade pertencentes ao CEE.
A presentación desta declaración responsable non exclúe a posibilidade de levar a cabo comprobacións de oficio por parte do órgano xestor. En caso de non presentarse esta declaración responsable, o órgano xestor dará traslado ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia para que este proceda ás investigacións correspondentes, e teranse por correctos os datos achegados polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
Artigo 52. Obrigacións e reintegros específicos do programa II
1. Nas axudas por creación de emprego estable (TR341E), engádense ás obrigacións xerais as seguintes obrigacións específicas:
a) Destinar a subvención ao plan de investimento polo que se concedeu a axuda. O órgano xestor poderá autorizar que se dea un destino distinto ás axudas concedidas sempre que o novo destino siga mantendo as condicións de viabilidade e de relación directa co posto ou postos de traballo creados. Noutro caso, procederá o reintegro do 100 % da subvención concedida.
b) Manter os postos de traballo creados con carácter indefinido un mínimo de dous (2) anos. No caso de cesamentos da actividade laboral por causa xustificada, deberá substituírse a vacante polo tempo que reste ata completar os dous (2) anos conservando as mesmas características polas que se lle concedeu a axuda (tipo de xornada e contrato), tendo en conta os incentivos sinalados no artigo 46.6. A substitución farase nun prazo máximo de tres (3) meses e deberá comunicarse ao órgano xestor da axuda no prazo dun (1) mes desde o momento do inicio da substitución. De non substituír ou non facelo en prazo, procederá o reintegro da parte proporcional polo tempo restante ata cumprir cos dous (2) anos obrigatorios de traballo efectivo . Se, por causas non imputables ao CEE a substitución non fose posible en prazo, este deberá acreditar a solicitude ao Servizo Público de Emprego dentro do prazo e comunicalo ao órgano xestor para a súa valoración.
Considéranse causas xustificadas do cesamento da actividade laboral, as seguintes: a renuncia voluntaria, o recoñecemento da incapacidade laboral permanente total ou absoluta ou grande invalidez, a xubilación, a baixa por defunción, as modificacións por redución voluntaria do tempo de traballo ou polo despedimento disciplinario procedente, as subrogacións polas causas legais estipuladas ou a transición á empresa ordinaria.
Non se considera cesamento da actividade laboral e, por tanto, non será necesaria a substitución da persoa traballadora que, esgotando os 545 días de incapacidade temporal, estea á espera da resolución dun procedemento de incapacidade permanente polo INSS.
c) Manter durante o mesmo prazo de dous anos o novo nivel de emprego total do persoal fixo con discapacidade polo que se concedeu a subvención.
No caso de que o novo nivel de emprego non se manteña, procederá a revogación da subvención, así como o reintegro total ou parcial, por aqueles postos de traballo que deixen de supoñer un incremento neto do persoal fixo, seguindo para iso a orde inversa dos postos recollidos na relación certificada das novas persoas contratadas polas que se pide subvención, presentada polo centro interesado coa solicitude.
d) O despedimento improcedente das persoas traballadoras obxecto de subvención antes de que transcorran dous (2) anos dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda recibida polo posto de traballo subvencionado resultante en despedimento improcedente.
2. Nas axudas por adaptación de postos de traballo (TR341N), engádense, ás obrigacións xerais, as seguintes obrigacións específicas:
a) Destinar a subvención ao obxecto polo que se concedeu a axuda. O órgano xestor poderá autorizar que se dea un destino distinto ás axudas concedidas sempre que o novo destino siga mantendo as condicións de relación directa co posto ou postos de traballo adaptados e o cambio quede debidamente xustificado polo centro interesado. Noutro caso, procederá o reintegro do 100 % da subvención concedida.
b) O traballador cuxa adaptación de posto se subvenciona, debe prestar servizos no centro especial de emprego un mínimo de seis (6) meses dentro do período subvencionable. No caso de que isto non sexa posible por causa xustificada, procederá o reintegro da parte proporcional polo tempo restante.
Considéranse causas de cesamento xustificadas, as seguintes: a renuncia voluntaria, o recoñecemento da incapacidade laboral permanente total ou absoluta ou grande invalidez, a xubilación, a baixa por defunción, as modificacións por redución voluntaria do tempo de traballo ou polo despedimento disciplinario procedente, as subrogacións polas causas legais estipuladas ou a transición á empresa ordinaria.
O despedimento improcedente das persoas traballadoras obxecto de subvención dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda percibida polo devandito posto de traballo adaptado.
Artigo 53. Pago e perda do dereito á cobranza
1. Sempre que así o solicite a entidade beneficiaria, efectuarase o pagamento anticipado da subvención concedida de acordo coas porcentaxes que se indiquen en cada convocatoria de axudas, que serán do 90 % da contía concedida.
2. Será requisito necesario para proceder ao pagamento anticipado das axudas recollidas no artigo 46, que se fixeron efectivas as contratacións indefinidas e que o CEE beneficiario presentase a seguinte documentación:
a) Relación certificada das persoas con discapacidade con contratación indefinida ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE.
b) A relación indicada na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
c) Declaración responsable conforme o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que conste o persoal medio de traballadores en alta do CEE, en todos os seus códigos de conta de cotización, nos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, desagregada segundo tipo de contrato, diferenciando entre traballadores con e sen discapacidade, e incluíndo información de altas e baixas producidas durante o período. Ademais, Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos polos que se solicita a subvención, e Informe de Persoal Medio de Traballadores en Alta correspondente aos 7 días posteriores á celebración do contrato. No caso de que durante o período dos trinta (30) días naturais anteriores á celebración dos contratos producíronse baixas de traballadores con discapacidade con contratos indefinidos, o CEE deberá presentar igualmente documento xustificativo das ditas baixas, ofrecendo os datos anonimizados, mediante número de seguridade social do traballador que causase baixa.
d) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade con contratación indefinida ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, se non se anexaron con anterioridade. A dita autorización terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado polas persoas interesadas mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica. Só se aceptarán os sistemas de sinatura electrónica cualificada de persoa física, únicos que permiten acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa interesada, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
e) Certificacións de discapacidade, no caso de que a discapacidade fose recoñecida fóra de Galicia das persoas con discapacidade con contratación indefinida ou cuxos contratos se transformaron en indefinidos e polas cales se pide subvención, se non se anexou con anterioridade.
f) No caso de que se dea algunha das circunstancias sinaladas no artigo 46.6. regra 2ª, deberá acreditarse, cando cumpra, as circunstancias de:
1º. Persoa emigrante retornada, mediante certificado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España. No caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nada en Galicia, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e, ademais, documentación que acredite o vínculo con esta.
2º. Persoa trans, mediante a documentación xustificativa de obter ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
3º. Situación ou risco de exclusión social, mediante certificado en que conste dita situación ou risco.
3. As axudas para a adaptación de postos de traballo reguladas no artigo 47 precisarán, para o abono do pagamento anticipado, o informe favorable da Inspección de Traballo sobre a necesidade da adaptación ou de medios especiais de protección persoal. No caso de que devandito informe non sexa favorable, ditarase unha resolución revogatoria.
4. Se, á vista da documentación xustificativa presentada pola entidade beneficiaria para o pagamento final da axuda, queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, ditarase resolución de perda parcial do dereito á cobranza por minoración da contía non xustificada, e o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía efectivamente xustificada.
Capítulo IV
Programa III. Programa de axudas para o mantemento do custo salarial
das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego
(códigos de procedemento TR341M e TR341V)
Artigo 54. Obxecto
1. O obxecto deste programa é axudar á CEE para financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Neste programa recóllense dúas liñas de axudas:
a) Liña 1 (código de procedemento TR341M): axuda para financiar os custos salariais durante o período subvencionable do 1 de decembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
b) Liña 2 (código de procedemento TR341V): axuda para financiar os custos salariais realizados durante o período do 1 de decembro de 2023 ata o 30 de novembro de 2024 cuxa solicitude fose desestimada por falta de crédito adecuado e suficiente ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e procédese á súa convocatoria para a anualidade 2024.
Artigo 55. Liña 1 (código de procedemento TR341M): conceptos subvencionables e contía
1. Para ser subvencionables, os contratos de traballo das persoas con discapacidade deberán cumprir a lexislación vixente e, no caso dos contratos indefinidos, incluíndo os fixo-descontinuos, ter unha prestación de traballo efectivo mínima de dous (2) meses consecutivos. Para os contratos de traballo de duración determinada a duración mínima será dun (1) mes. En todo caso, para ser subvencionables, os contratos a tempo parcial deben celebrarse por un mínimo do 25 % da xornada a tempo completo.
No caso de incapacidade temporal ou baixa por causa xustificada, poderá procederse á substitución da persoa con discapacidade por cuxo posto solicítase a subvención. Para ser subvencionable, esta substitución deberá realizarse no prazo de dous (2) meses desde a data da baixa e ser comunicada pola entidade beneficiaria ao departamento territorial correspondente no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
Ademais, para ser subvencionables, os contratos das persoas con discapacidade que substitúan a persoa que causase baixa xustificada deben cumprir coa lexislación vixente e conservar as mesmas características que o contrato da persoa substituída e pola que se concedeu a axuda (tipo de xornada e contrato), sendo a permanencia da persoa substituta como mínimo o período que restase do contrato da persoa substituída.
Considéranse causas de cesamento xustificadas, as seguintes: a renuncia voluntaria, o recoñecemento da incapacidade laboral permanente total ou absoluta ou grande invalidez, a xubilación, a baixa por defunción, as modificacións por redución voluntaria do tempo de traballo ou polo despedimento disciplinario procedente, as subrogacións polas causas legais estipuladas ou a transición á empresa ordinaria.
O despedimento improcedente dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda recibida polo devandito traballador.
Serán subvencionables os contratos de substitución por incapacidade temporal a partir do día seguinte ao último día en que o pagamento da incapacidade temporal corresponda ao centro especial de emprego de conformidade coa normativa da Seguridade Social, ata a reincorporación da persoa traballadora subvencionada ao seu posto de traballo, non estando, polo tanto, suxeitas á duración mínima dos contratos indicados no artigo 55.1. Os contratos de substitución de incapacidade temporal deben cumprir coa lexislación vixente e conservar as mesmas características que o contrato da persoa substituída. Para ser subvencionables os contratos de substitución por incapacidade temporal, esta substitución debe realizarse no prazo mínimo de dous (2) meses desde a data de inicio da incapacidade temporal e debe ser comunicada pola entidade beneficiaria ao departamento territorial correspondente no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
2. Subvencionarase o salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social, de acordo coas seguintes porcentaxes:
|
65 % do SMI |
• Traballadores con especiais dificultades de inserción segundo o artigo 5.2 das bases reguladoras. |
|
50 % do SMI |
• Resto de traballadores con discapacidade con contratos temporais de duración mínima dun (1) mes segundo o artigo 55.1. • Resto de traballadores con discapacidade cun contrato indefinido. |
En ningún caso o importe das axudas poderá superar o importe total do custo ocasionado por cada concepto subvencionable.
No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente. No caso de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.
A contía máxima por cada centro de traballo solicitante que se poderá conceder será de 2.900.000 €.
3. Non se subvencionará máis do 100 % da xornada laboral dunha mesma persoa traballadora en cómputo mensual. Para a aplicación deste límite teranse en conta as seguintes regras:
a) No caso de que unha persoa traballadora con discapacidade estea contratada por varios centros especiais de emprego, descontaríase a porcentaxe excedente do 100 % da xornada ao centro de traballo que a contratase en segundo ou sucesivo lugar.
b) Se a persoa está contratada ao mesmo tempo nunha empresa de traballo común e nun CEE, a porcentaxe excedente do 100 % da xornada traballada descontaráselle ao centro especial de emprego.
4. Son subvencionables os días efectivamente traballados, incluídas as vacacións. Nas situacións de incapacidade temporal, son subvencionables exclusivamente os doce (12) días en que o pagamento corresponda integramente ao centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.
5. É subvencionable o período de vacacións anuais retribuído e cotizado. No suposto de cesamento da relación laboral, as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional das vacacións non gozadas.
6. O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano rateadas en doce (12) mensualidades.
Artigo 56. Liña 1 (código de procedemento TR341M): Documentación complementaria
As persoas interesadas deber anexar coa solicitude (anexo IV-A) a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) A certificación, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, da relación de postos de traballo en función de que se vai a realizar o cálculo da resolución de concesión, así como o importe da subvención que se solicita segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego. Para ser subvencionables, a relación debe incluír os postos de traballo polos que se solicita subvención, incluíndo compromiso de contratación de postos non creados no momento de presentación da solicitude, cos seguintes datos: número de postos polos que se solicita a subvención, porcentaxe da xornada de cada posto e cantidade de meses polos que se vai contratar a persoa con discapacidade para a cobertura de cada posto de traballo (que poderán ser consecutivos ou non consecutivos) e porcentaxe e tipo de discapacidade da persoa que se prevé que cubra o devandito posto de traballo.
c) A relación dos postos indicados na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Declaración responsable segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se especificará o convenio colectivo de aplicación, que o CEE cumpre no pagamento dos salarios tanto co convenio de aplicación como co SMI aplicable en cada momento.
Artigo 57. Liña 1 (código de procedemento TR341M): Documentación xustificativa da axuda
1. No prazo de corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases reguladoras, presentarase unha memoria xustificativa asinada dixitalmente polo responsable do CEE, en que deberá constar que os datos manifestados na documentación da axuda son correctos. A memoria incluirá as seguintes epígrafes, segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego:
a) Certificación mensual, referida a todos os meses subvencionables previos á presentación da solicitude, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE da relación das novas persoas con discapacidade contratadas polas que se solicita subvención, ordenadas alfabeticamente, segundo os modelos que constan na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
b) A relación das persoas indicadas na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
c) Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social (RNT) referidas aos meses subvencionables previos á presentación da solicitude, así como todas as variacións de datos á Seguridade Social. O recibo de liquidación das cotizacións (RLC) dos meses subvencionables previos á presentación da solicitude e os correspondentes xustificantes de pagamento.
d) As nóminas das persoas traballadoras subvencionadas dos meses subvencionables previos á presentación da solicitude e os xustificantes bancarios do seu pagamento. Nas nóminas deberán constar os diferentes conceptos de abono (salario, vacacións, días de absentismo, pluses e complementos), así como o número de días que se retribúen por cada concepto. Non se subvencionarán os traballadores en cuxas nóminas non conste esta información desagregada ou que, alternativamente, non a acheguen mediante unha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE.
No caso de traballadores de baixa médica por enfermidade común ou accidente non laboral, a nómina deberá especificar:
• O número de días que se pagan a cargo da empresa, diferenciando o pagamento dos tres (3) primeiros días (segundo convenio de aplicación) e os doce (12) días restantes (segundo normativa da Seguridade Social).
• O complemento de IT (segundo convenio colectivo).
Así mesmo, deberán enviar o Informe de datos para a cotización (IDC) individual do traballador en situación de incapacidade temporal desde principios de ano e tamén o ficheiro FIE da Seguridade Social onde se reflictan os datos da incapacidade.
e) Informe de datos para a cotización (IDC) das persoas traballadoras con discapacidade do CEE polas que se solicita a subvención, contratadas con respecto á convocatoria anterior en que se recibiu subvención por este programa, para todos os meses que se xustifican.
f) Os contratos de traballo asinados e comunicados en prazo. A comunicación dos contratos de traballo ao Servizo Público de Emprego Estatal fose de prazo implicará a denegación da axuda.
g) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade contratadas dos meses subvencionables previos á presentación da solicitude. A dita autorización terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable. O anexo V deberá estar asinado polas persoas con discapacidade obxecto da subvención mediante sinatura manuscrita ou mediante sistemas de sinatura electrónica cualificada, únicos con efectos xurídicos equivalentes ao dunha sinatura manuscrita.
Enténdese por sinatura electrónica cualificada unha sinatura electrónica avanzada que se crea mediante un dispositivo cualificado de creación de sinaturas electrónicas e que se basea en certificados cualificados de sinatura electrónica de persoa física, que permitan acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento da persoa con discapacidade obxecto da subvención, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Neste sentido, aceptaranse os certificados de persoa física publicados na relación de certificados electrónicos aceptados para a presentación de documentos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, validados pola plataforma asina da Administración xeral do Estado e recollida na ligazón https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
Deberá presentarse o documento orixinal do anexo V. No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, de acordo co artigo 28.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, con carácter previo á súa presentación electrónica. A copia electrónica resultante reflectirá expresamente esta circunstancia. Cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2025, do 1 de outubro.
Así mesmo, no caso de que o anexo V estea asinado pola persoa interesada mediante sinatura manuscrita, o documento poderá presentarse en formato PDF, acompañado dunha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
h) Declaración responsable conforme o modelo que se encontra na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, onde se declare que dispoñen dos documentos asinados pola persoa ou persoas traballadoras con discapacidade acerca da subvención do seu contrato laboral (anexo VI). O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.
i) Certificación de discapacidade das persoas traballadoras con discapacidade do CEE recoñecida fóra de Galicia, se é o caso.
j) Resolución ou certificación en que figure o tipo ou grao de discapacidade cando esta derive dun recoñecemento de pensión por incapacidade permanente e corresponda a algunha das sinaladas no artigo 5.2, letras a) e b).
k) Declaración responsable, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, referida aos meses subvencionables previos á presentación, onde se indique:
• O número total de traballadores do CEE.
• O número de traballadores con discapacidade do CEE.
• O número de persoas que formen parte da unidade de apoio que presta servizo de apoio ás persoas traballadoras con discapacidade pertencentes ao CEE.
Os datos recollidos nas devanditas declaracións responsables poderán ser comprobados de oficio por parte do órgano xestor. En caso de non presentarse esta declaración responsable, o órgano xestor dará traslado ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia para que este proceda ás investigacións correspondentes, e teranse por correctos os datos achegados polo Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.
2. Mensualmente, presentarase unha memoria xustificativa asinada dixitalmente polo responsable do CEE, en que deberá constar que os datos manifestados na documentación da axuda son correctos. A memoria incluirá as epígrafes recollidas no artigo 57.1, letras a) a k), referida ao mes que se xustifica.
3. O pagamento final da subvención quedará condicionado á presentación da conta xustificativa, que deberá conter:
a) Documento de achega da documentación xustificativa segundo o anexo X, que inclúe a declaración de axudas solicitadas e/o concedidas e a solicitude de modificación da resolución inicial nos termos do artigo 58, se é o caso.
b) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigacións de difusión a que se refire o artigo 16.h) desta orde (colocación de rótulo).
c) O extracto do libro maior da entidade beneficiaria, asinado e selaxe, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se presenten deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos.
Artigo 58. Liña 1 (código de procedemento TR341M): Pagamento e modificación da resolución
1. Sempre que así o solicite a entidade beneficiaria, efectuarase o pagamento anticipado da subvención concedida de acordo coas porcentaxes que se indiquen en cada convocatoria de axudas, que serán do 100 % da contía concedida.
2. Poderá modificarse a resolución inicial cando a contía xustificada sexa superior ou inferior á concedida por existir variacións respecto da estimación realizada na resolución inicial.
No caso de que a contía xustificada sexa inferior á concedida, ditaranse as resolucións revogatorias que procedan.
Se a contía xustificada é superior á concedida, poderán ditarse resolucións complementarias.
3. As resolucións complementarias estarán supeditadas a que se cumpran todas e cada unha das seguintes condicións:
a) Que exista crédito adecuado e suficiente.
b) Que o CEE beneficiario solicite a modificación da resolución de concesión.
4. As resolucións complementarias poderanse solicitar nos seguintes casos:
a) Que se crearon novos postos de traballo non recollidos na solicitude inicial, ocupados por persoas con discapacidade. En todo caso, os novos contratos deben cumprir cos requisitos exixidos no artigo 55.1.
b) Que se incrementou o número de meses de traballo previstos para cada posto recollido na solicitude inicial, ou que se incrementaron as porcentaxes de xornada recollidas na solicitude inicial (tendo en conta o ditado no artigo 55.2, onde se recolle que, no caso de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada, soamente teranse en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe de xornada laboral inferior). En todo caso, os novos contratos e as prórrogas deberán cumprir cos requisitos exixidos no artigo 55.1.
c) Cambios sobrevindos no tipo ou grao de discapacidade da persoa traballadora con discapacidade que ocupe o posto de traballo recollido na solicitude inicial e que supoñan un incremento da porcentaxe subvencionable.
Nestes casos, e só no caso de que exista crédito adecuado e suficiente, abrirase un período de presentación de solicitudes do 18.8.2025 ao 18.9.2025. As solicitudes presentaranse de acordo co estipulado no artigo 8.2 e 8.3 para a presentación de documentación complementaria, mediante o modelo xenérico de modificación ou mellora voluntaria da solicitude que se encontra na sede electrónica da Xunta de Galicia, na ligazón https://sede.xunta.gal/ficheiros/modelos-normalizados/MelloraSolicitude-C.pdf
A orde de prelación farase en función da orde de entrada da solicitude de modificación ou mellora voluntaria no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (terase en conta a data e hora de presentación da solicitude de modificación ou mellora voluntaria), ata o esgotamento do crédito orzamentario destinado a cubrir as solicitudes complementarias.
Estas resolucións complementarias están suxeitas a un crédito de 1.000.000,00 € cuxa distribución será a seguinte:
– CEE de inciativa social: 700.000,00 €.
– CEE de iniciativa empresarial: 300.000,00 €.
O crédito de 1.000.000,00 € destinado ao pagamento de resolucións complementarias utilizarase para cubrir as solicitudes iniciais en caso de esgotamento de crédito. Con todo, poderá ampliarse a contía máxima do crédito dispoñible de 1.000.000,00 €, condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito. Todo isto, de acordo co estipulado no parágrafo cuarto do deste artigo 58.4.
O órgano xestor comprobará que se cumpren todos os requisitos e, de non cumprirse, procederá a revogación correspondente pola parte proporcional da subvención indebidamente percibida, así como o reintegro da devandita cantidade e a exixencia dos xuros de demora correspondente desde o pagamento da porcentaxe cobrada indebidamente ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.
5. O importe do SMI que se terá en conta nesta convocatoria para a concesión das axudas deste programa para a mensualidade de decembro é o fixado polo Consello de Ministros para o ano 2024, aprobado mediante o Real decreto 145/2024, do 6 de febreiro. Para o resto de mensualidades, terase en conta o SMI fixado polo Consello de Ministros para o ano 2025, aprobado mediante o Real decreto 87/2025, do 11 de febreiro. No caso de que o SMI para o 2025 varíe nalgún momento, calcularase a variación automaticamente e ditaranse as resolucións complementarias ou revogatorias que proceda, que terán carácter retroactivo ao momento en que se produza a dita variación, sen necesidade dunha solicitude previa por parte do centro.
Artigo 58 Bis. Liña 2 (código de procedemento TR341V): Conceptos subvencionables e contía
1. Serán subvencionables os custos salariais das persoas con discapacidade contratadas en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período subvencionable da convocatoria 2024, que fosen expresamente desestimadas como complementarias e así o acrediten.
Para ser subvencionables, os contratos de traballo das persoas con discapacidade deberán cumprir a lexislación vixente e, no caso dos contratos fixo-descontinuos, ter unha prestación de traballo mínima de dous (2) meses consecutivos. Para os contratos de traballo de duración determinada previstos no artigo 15 do Estatuto dos traballadores, a duración mínima será de quince (15) días.
2. Subvencionarase cun importe do 50 % do salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades indicadas no período subvencionado por esta liña 2 para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social. Para as persoas con discapacidade que estean incluídas nalgún dos supostos do artigo 5.2, subvencionarase cun importe do 60 % do SMI correspondente ás mensualidades indicadas no período subvencionado pola liña 2.
No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.
3. Non se subvencionará máis do 100 % da xornada laboral dunha mesma persoa traballadora en cómputo mensual. Para a aplicación deste límite teranse en conta as seguintes regras:
a) No caso de que unha persoa traballadora con discapacidade estea contratada por varios centros especiais de emprego, descontaríase a porcentaxe excedente do 100 % da xornada ao centro de traballo que a contratase en segundo ou sucesivo lugar.
b) Se a persoa está contratada ao mesmo tempo nunha empresa de traballo común e nun CEE, a porcentaxe excedente do 100 % da xornada traballada descontaráselle ao centro especial de emprego.
4. Son subvencionables os días efectivamente traballados, incluídas as vacacións. Nas situacións de incapacidade temporal, son subvencionables exclusivamente os días en que o pagamento corresponda integramente ao centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social ou o convenio colectivo de aplicación.
5. É subvencionable o período de vacacións anuais retribuído e cotizado. No suposto de cesamento da relación laboral, as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional das vacacións non gozadas.
6. O cálculo da subvención estimarase en función do SMI que estaba en vigor para cada unha das mensualidades subvencionables desde o 1 de decembro 2023 ao 30 novembro 2024.
O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano rateadas en doce (12) mensualidades.
7. En ningún caso o importe da subvención superará a contía denegada en concepto de complementaria por esgotamento de crédito na convocatoria correspondente á anualidade do 2024.
Artigo 58 Ter. Liña 2 (código de procedemento TR341V): Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deber anexar xunto coa solicitude (anexo IV-B) a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Resolución expresa desestimatoria da axuda complementaria.
En todo o non regulado nesta orde, a liña 2 do programa III rexerase polo disposto na Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e procédese á súa convocatoria para a anualidade 2024: https://www.xunta.gal/dog/publicados/2024/20240214/AnuncioG0656-050224-0001_é.html
Título III
Axudas ás empresas de inserción (EI) e as súas entidades promotoras
(códigos de procedemento TR356A e TR356C)
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 59. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas no título III desta orde, as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción rexistradas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
Neste sentido, será válida a cualificación provisional. Con todo, se no momento da xustificación e/ou o pagamento a cualificación provisional quedase sen efecto e a entidade non obtivese a cualificación definitiva, procederá a revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total das cantidades percibidas e a exixencia do interese de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas neste título:
a) As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) As entidades que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
3. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a) e b) do punto 2 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaración responsable.
Artigo 60. Persoas destinatarias finais
1. A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción vai dirixida a persoas desempregadas que se atopen en situación ou en risco de exclusión social por concorrer nelas os supostos recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
2. A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualificación dunha persoa como posible persoa traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción serán acreditadas de conformidade co artigo 24 do Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo.
Artigo 61. Solicitudes e prazos
1. As entidades só poderán presentar unha solicitude por cada programa e liña de axuda.
2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o oitavo día hábil ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2025.
3. No caso de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes esgotásese o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.
Artigo 62. Período subvencionable
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
Artigo 63. Documentación complementaria
1. As entidades e empresas beneficiarias deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Memoria descritiva da entidade solicitante na que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.
c) Relación nominal das persoas traballadoras en proceso de inserción do persoal da empresa de inserción referida ao mes no que se presenta a solicitude de subvención, segundo o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego polas cales se solicita subvención. Anexarase folla de cálculo cuberta en formato editable.
d) Anexo XIII: autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras contratadas ata a data da solicitude que son obxecto de subvención e/ou polas destinatarias finais da subvención.
2. Ás solicitudes anexaranse os documentos sinalados no punto 1 deste artigo e nos artigos 72, 78, 82, 86, 90, 94, 98 ou 102 desta orde, segundo o programa e liña de axudas de que se trate.
Artigo 64. Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Imposto de actividades económicas, data de alta da actividade da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día nas súas obrigacións coa Seguridade Social a entidade solicitante.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal Tributaria a entidade solicitante.
g) DNI ou NIE das persoas traballadoras obxecto da subvención e/o destinatarias finais da subvención.
h) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias finais da subvención.
i) Contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias da subvención.
j) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención, cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar devanditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas.
Artigo 65. Xustificación e pagamento
1. O pagamento final das subvencións quedará condicionado á presentación dunha solicitude de pagamento conforme os modelos do anexo XV-A ou XVI-A, en función do programa de que se trate, acompañada da documentación xustificativa seguinte:
a) Documentación que acredite o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención, segundo o sinalado nos artigos 73, 79, 83, 87, 91, 95, 99 ou 103 en función do programa e liña de axudas de que se trate.
b) Documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigacións a que se refire o artigo 16.h) desta orde.
c) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números dos asentos contables e a indicación específica do seu financiamento pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos.
d) Anexo XV-B, para as solicitudes do Programa IV e/ou anexo XVI-B no caso das solicitudes de axudas do Programa V.
2. A presentación da documentación xustificativa e a solicitude de pagamento realizaranse na forma sinalada no artigo 10. A data máxima do prazo de xustificación será o 6 de novembro de 2025 ou, se é o caso, o prazo que se fixe na resolución de concesión. Con todo, se o prazo desde a notificación da resolución ata a data establecida como límite para xustificar resulta ser inferior a dez (10) días, o prazo será de dez (10) días contados desde a devandita notificación.
3. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen presentala ante o órgano administrativo competente, este requirirá a persoa ou entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito á cobranza da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
4. A documentación exixida para a fase de pagamento final poderá presentarse xunto coa solicitude de subvención, a opción da persoa ou entidade interesada. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da subvención.
5. Cando concorran varias subvencións ao abeiro desta orde só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, facendo constar os procedementos a que se refire.
6. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada.
7. As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, deberán estar emitidas a nome da entidade ou empresa solicitante e dentro do período subvencionable establecido na convocatoria. Non se admitirán as facturas emitidas á empresa de inserción pola entidade que a promove, ou viceversa.
8. Considerarase gasto realizado o que corresponda ás actuacións realizadas dentro do período subvencionable e que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.
9. Só se admitirá como documentación xustificativa do pagamento dos gastos documentos bancarios nos que consten o número de conta e a titularidade das persoas ou entidades receptoras e emisoras dos pagamentos (que deberán coincidir coas beneficiarias das axudas), así como o concepto e o importe (IVE incluído) do pagamento. Os mesmos datos deberán constar no caso de xustificantes bancarios emitidos a través da internet. Os datos dos xustificantes bancarios de pagamento deberán coincidir exactamente cos da factura. Se o importe reflectido no documento bancario non coincide por existir varios pagamentos agrupados, deberá presentarse unha desagregación onde poidan identificarse os pagamentos en cuestión.
Non se admitirán os pagamentos en efectivo.
Artigo 66. Incompatibilidades e concorrencia
1. As axudas previstas no Programa IV desta orde serán incompatibles con outras que, para a mesma finalidade, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Con todo, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.
2. As axudas previstas no Programa V serán compatibles con calquera outra axuda da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada e o límite previsto no artigo 21 desta orde.
3. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinado pola data en que se presentou a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.
Artigo 67. Obrigacións comúns aos programas IV e V
Son deberes das entidades beneficiarias dos programas IV e V, ademais das recollidas no artigo 16 desta orde, as seguintes:
a) No caso das axudas dos artigos 70, 88 e 92, manter os postos de traballo durante o período subvencionado, con obrigación de substitución da persoa traballadora no caso de cesamento da actividade laboral polo tempo que falta ata alcanzar o período subvencionado. A substitución realizarase no prazo máximo de tres meses no caso do artigo 70 e un mes no caso dos artigos 88 e 92, contados desde que se produza o cesamento da actividade laboral e tanto o cesamento como a substitución deberán comunicarse ao órgano xestor no prazo dun mes para partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
b) No caso da axuda do artigo 84, manter o posto de traballo creado un mínimo de dous (2) anos, con obrigación de substituír a persoa traballadora nos casos de baixa voluntaria, despedimento procedente ou extinción da relación laboral por causas obxectivas, polo tempo que falta ata acadar o período subvencionado. A substitución realizarase no prazo máximo de tres meses desde que se produza o cesamento da actividade laboral e tanto o cesamento como a substitución deberán comunicarse ao órgano xestor no prazo dun mes para partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
c) Estar ao día no cumprimento das obrigacións rexistrais, previstas no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo; en especial, cumprir coas obrigacións previstas no artigo 22 e presentalas ante a Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería Emprego, Comercio e Emigración, co contido e no prazo establecido.
Artigo 68. Revogación e reintegro
1. De conformidade co artigo 14.1, letra n), da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se deba reintegrar determinarase de acordo cos criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións recollidos no artigo 18 desta orde, así como segundo os seguintes criterios:
a) O despedimento improcedente das persoas traballadoras en proceso de inserción no transcurso do contrato subvencionado: reintegro do 100 % da subvención concedida pola persoa que foi obxecto do despedimento.
b) A extinción, antes dos seis meses, do contrato dunha persoa en risco ou situación de exclusión social, subvencionada ao abeiro do artigo 70 desta orde: reintegro do 100 % da subvención concedida. Para estes efectos, non se terá en conta a extinción do contrato por inserción da persoa traballadora nunha empresa ordinaria mediante un contrato de traballo ou por incorporación a unha cooperativa de traballo asociado en calidade de persoa socia traballadora.
c) O incumprimento da obrigación de substituír a persoa traballadora nas condicións indicadas no artigo 67, letras a) e b) dará lugar ao reintegro das cantidades correspondentes ao período de incumprimento.
d) A percepción doutras subvencións públicas, concedidas como medida de fomento de emprego polas contratacións por conta allea, incompatibles coa subvención prevista no artigo 70 desta orde: reintegro do 100 % da subvención concedida.
Artigo 69. Financiamento
O orzamento total das subvencións previstas nesta orde ascende a 1.500.000,00 € e a distribución inicial de créditos por programas é a que se indica, de acordo cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
|
Programa de axudas |
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Importe |
|
Programa IV (procedemento TR356A) |
14.04.324C.470.5 |
2015 00561 |
1.355.000 € |
|
Programa V (procedemento TR356C) |
14.04.324C.470.5 |
2015 00561 |
105.000 € |
|
14.04.324C.481.5 |
2015 00561 |
40.000 € |
Capítulo II
Programa IV: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas
traballadoras en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356A)
Artigo 70. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social incluídas no artigo 60 desta orde.
2. Cando a persoa traballadora estea en situación de incapacidade temporal, a subvención referirase exclusivamente aos días nos que o pagamento sexa, obrigatoriamente, por conta da empresa, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.
Non serán subvencionables as indemnizacións e as axudas de custo.
3. Os contratos de traballo subscritos entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción terán que reunir as seguintes características para ser subvencionables:
a) Deberán formalizarse por escrito, axustándose ao disposto na Lei 44/2007, do 13 de decembro, que regula o réxime das empresas de inserción.
b) A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 3 anos.
c) A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.
d) A persoa seleccionada deberá aceptar o itinerario de inserción co contido sinalado no artigo 26 do Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo.
4. Non poderán ser contratadas as persoas traballadoras que nos dous anos inmediatamente anteriores prestasen servizos, na mesma ou en distinta empresa de inserción, mediante un ou varios contratos de traballo, incluído o contrato temporal de fomento do emprego. Conforme o artigo 24.5.b) do Decreto 178/2022, no caso de que a persoa candidata xa prestase servizos nunha empresa de inserción nos dous últimos anos, os servizos sociais públicos competentes poderán emitir informe favorable cando consideren que fracasou o proceso previo de inserción ou que se produciu unha recaída en novas situacións de exclusión. Con todo, presumirase que as circunstancias da persoa traballadora aconsellan a formalización do contrato, e por tanto non se requirirá informe expreso, cando o tempo traballado nos dous anos anteriores non supere en conxunto os seis meses.
Artigo 71. Contía da axuda
1. A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.
2. Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo.
3. Para o cálculo da subvención correspondente ás mensualidades xa vencidas na data de presentación da solicitude, teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estivesen efectivamente contratadas no devandito período. Para as mensualidades seguintes terase en conta o persoal do mes en que se presente a solicitude.
Artigo 72. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63 xunto coa solicitude de axuda deste programa presentarase a seguinte documentación específica:
a) Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.
b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
c) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
Artigo 73. Documentación xustificativa especifica
A documentación xustificativa específica deste programa (TR356A) a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Itinerario de inserción de cada unha das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social, onde consten os contidos mínimos do artigo 26 do Decreto 178/2022, do 15 de setembro.
b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
c) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
d) Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obrigación de informar as persoas traballadoras respecto da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo XIV.
e) Anexo XIII: autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras que son obxecto de subvención contratadas con posterioridade á data de solicitude.
Artigo 74. Pagamento e modificación da resolución de concesión do Programa IV
1. Nas axudas do Programa IV (custo salarial das persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social), e sempre que as persoas beneficiarias o soliciten xunto coa xustificación das axudas concedidas, poderá modificarse a resolución inicial mediante resolucións complementarias se o importe xustificado é superior ao concedido, por aumentar o número de contratos ou a xornada laboral das persoas traballadoras en exclusión. Así mesmo, no caso de que a contía xustificada fose inferior á concedida, ditaranse as resolucións revogatorias que procedan.
En calquera caso as resolucións complementarias quedarán supeditadas á existencia de crédito adecuado e suficiente.
Capítulo III
Programa V: axudas para compensar os custos adicionais do emprego
de persoas en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356C)
Artigo 75. Liñas de axuda
1. Ao abeiro do programa de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social, as empresas de inserción poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e) deste artigo. Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non a poderán solicitar a empresa ou as empresas de inserción que promovan.
Sección 1ª. Axudas para a asistencia técnica para a creación, mellora
e diversificación da EI (procedemento TR356C)
Artigo 76. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta axuda está destinada a financiar:
1º. Ás entidades promotoras de empresas de inserción, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción.
2º. Ás empresas de inserción, os custos dirixidos á mellora, reorientación e diversificación da actividade empresarial.
No caso de creación de empresas, a data de alta no imposto de actividades económicas debe estar comprendida no prazo subvencionable establecido na convocatoria.
2. Son gastos subvencionables:
a) Os estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría que teñan por obxecto a constitución dunha empresa de inserción, a apertura de novos mercados e a reorientación ou diversificación da actividade empresarial.
b) As auditorías contables non obrigatorias que analicen a viabilidade económica e a boa xestión da empresa.
c) As auditorías sociais que permitan á empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación cos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
d) Os custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
3. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, se é o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
4. Os servizos de asistencia técnica deberán ser prestados por empresas especializadas que reúnan garantías de solvencia profesional.
Artigo 77. Contía da axuda
A contía desta subvención será equivalente ao 80 % del custo total dos servizos, cos límites seguintes:
a) Estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría: máximo de 6.000,00 €.
b) Auditorías contables: máximo de 1.500,00 €.
c) Auditorías sociais: máximo de 1.500,00 €.
d) Certificacións de calidade: máximo de 1.000,00 € para a certificación e de 1.000,00 € para la implantación.
Artigo 78. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda, presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva dos servizos para os que se solicita a axuda e a xustificación da súa necesidade.
b) Orzamento detallado de todos os gastos para os que se solicita a axuda, con IVE desagregado.
c) Identificación da persoa, entidade ou empresa que vai prestar o servizo e xustificación da súa solvencia técnica.
d) No suposto da creación dunha empresa de inserción, actividade que vai desenvolver e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.
e) No caso dos estudos de mercado ou viabilidade, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo e un índice do contido do estudo.
Artigo 79. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Facturas xustificativas dos servizos realizados, que deberán estar emitidas dentro do período subvencionable ou, na súa falta, responder de forma indubidable a accións executadas dentro do dito período.
b) Xustificantes bancarios de pagamento das facturas, efectuado en data igual ou anterior á data límite de xustificación. Nos xustificantes bancarios deberá constar claramente a persoa emisora e perceptora e concepto do gasto, coincidentes cos que figuren nas facturas.
c) Copia do estudo, consultoría, auditoría ou asesoramento realizados, así como as certificacións de calidade obtidas, de ser o caso.
Sección 2ª. Axudas para o inicio e posta en marcha da actividade (procedementoTR356C)
Artigo 80. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os gastos días derivados da posta en marcha da actividade dunha empresa de inserción.
Esta axuda poderase solicitar ao inicio da actividade empresarial ou cando exista una reorientación e diversificación da actividade inicial que implique apertura de novos centros de traballo. Poderase conceder durante un máximo de dúas convocatorias sucesivas, co límite de 12 meses desde o inicio da actividade ou a apertura do centro de traballo.
2. Enténdese que unha empresa inicia a súa actividade empresarial desde a data de alta no imposto de actividades económicas, ou ben desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.
Para que sexa subvencionable a diversificación da actividade requírese que na data de solicitude de subvención, a apertura do novo centro de traballo fose comunicada ao Rexistro de Empresas de Inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, e na dita comunicación deberá constar a data de presentación da comunicación de apertura ante a autoridade laboral.
3. Son conceptos subvencionables:
a) Compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.
b) Gastos de arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos.
c) Gastos de seguro do local e publicidade e subministracións (gastos de luz, auga etc.).
d) Gastos de constitución tales como gastos de notario e rexistro, altas e taxas necesarias para satisfacer o inicio da actividade.
4. Non serán subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, se é o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
Artigo 81. Contía da axuda
Subvencionarase como máximo 80 % dos gastos, ata un máximo de 3.000,00 € por cada posto de traballo de persoas en inserción a xornada completa vixente durante todo o período subvencionable sinalado na convocatoria, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial ou a duración é inferior.
O límite máximo desta axuda será de 12.000,00 € polo total do período subvencionable.
Artigo 82. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Relación detallada e individualizada dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade, co IVE desagregado.
b) Facturas, facturas proforma ou orzamentos dos gastos incluídos na relación a que se refire o punto anterior.
c) No caso de reorientación ou diversificación da actividade inicial, memoria explicativa da súa necesidade por apertura de novo centro.
Artigo 83. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Certificación expedida pola persoa representante da entidade, que inclúa unha relación detallada dos gastos realizados, na que conste:
– Número de orde.
– Número de factura ou outra referencia identificativa do documento.
– Concepto de gasto a que se refire.
– Persoa ou entidade emisora.
– Importe da factura ou documento xustificativo.
– Porcentaxe de imputación á subvención.
– Importe que se xustifica.
– Data de emisión, que deberá estar comprendida dentro do período subvencionable ou, na súa falta, responder de forma indubidable a accións executadas dentro do dito período.
– Data de pagamento, que deberá ser igual ou anterior á data límite de xustificación.
b) Facturas xustificativas do gasto, así como copia dos xustificantes bancarios de pagamento, identificadas e ordenadas segundo a relación a que se refire a letra a). Nos xustificantes bancarios deberá constar claramente a persoa emisora e perceptora e concepto do gasto, coincidentes cos que figuren nas facturas.
Sección 3ª. Axudas para a creación e a ampliación de novos postos de traballo
para persoas en inserción (procedemento TR356C)
Artigo 84. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar a creación de novos postos de traballo de persoas en risco ou situación de exclusión social en función do investimento realizado en inmobilizado sempre que estea relacionado coas actividades desenvolvidas pola empresa de inserción.
Poderán subvencionarse as empresas de inserción, tanto no proceso de creación da EI como en calquera momento posterior no que consideren necesario ampliar o cadro de persoal en inserción.
2. Computaranse como novos postos aqueles cuxa contratación se inicie no período subvencionable sinalado na convocatoria e que supoñan un incremento neto no cadro de persoal en inserción respecto ao período de xustificación do último expediente de axudas subvencionado dentro do programa de axudas á creación de emprego.
3. Consideráranse subvencionables os investimentos en inmobilizado material que se recollan como investimentos en activo no día no Plan xeral contable, así como os de inmobilizado inmaterial correspondente á propiedade industrial e ás aplicacións informáticas.
No caso de vehículos, será subvencionable a adquisición dos vehículos comerciais ou industriais necesarios e de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, e os automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais por representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores e os empregados en servizos de vixilancia.
En ningún caso se terán en conta para a acreditación do inmobilizado os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.
4. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, se é o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
5. Cando el importe do gasto subvencionable supere a contía establecida para os contratos menores na normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude, a EI estará obrigada a solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á realización da obra ou á entrega do ben, excepto que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto fose realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente a elección cando esta non recaia na oferta economicamente máis vantaxosa.
Artigo 85. Contía da axuda
1. A axuda poderá acadar o 80 % dos gastos subvencionables, ata un máximo de 12.000,00 € por cada posto de traballo de persoas en inserción a xornada completa, considerados novos postos a efectos do artigo 84.2 desta orde.
No caso de contratos a tempo parcial a contía máxima reducirase proporcionalmente.
2. Non obstante, esta contía máxima poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a continuación (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:
a) Un 25 %, se a persoa contratada é unha muller.
b) Un 25 %, se a persoa contratada é maior de 45 anos.
c) Un 25 %, no caso de que o centro de traballo no que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural.
De aplicarse os incentivos anteriores, a contía máxima que poderá ser concedida con esta liña de axudas por cada posto de traballo creado será de 21.000,00 €.
Para a aplicación dos citados incrementos teranse en conta as circunstancias que consten acreditadas no momento de ditar a proposta de resolución.
Artigo 86. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria explicativa da relación entre a adquisición do ben coa actividade da empresa e xustificación da necesidade da dita adquisición.
b) Detalle do Plan de investimentos en inmobilizado, que inclúa unha relación detallada e individualizada dos gastos necesarios e o calendario para a súa execución.
c) Facturas, facturas proforma ou orzamentos incluídos na relación a que se refire o punto anterior.
d) Se é o caso, as 3 ofertas mencionadas no artigo 84.5 e a xustificación da súa elección.
Artigo 87. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación detallada dos gastos realizados, na que conste:
– Número de orde.
– Número de factura ou outra referencia identificativa do documento.
– Concepto de gasto a que se refire.
– Persoa ou entidade emisora.
– Importe da factura ou documento xustificativo.
– Porcentaxe de imputación á subvención.
– Importe que se xustifica.
– Data de emisión, que deberá estar comprendida dentro do período subvencionable ou, na súa falta, responder de forma indubidable a accións executadas dentro do dito período.
– Data de pagamento, que deberá ser igual ou anterior á data límite de xustificación.
b) Facturas xustificativas do gasto, así como copia dos xustificantes bancarios de pagamento, identificadas e ordenadas segundo a relación a que se refire a letra a). Nos xustificantes bancarios deberá constar claramente a persoa emisora e perceptora e concepto do gasto, coincidentes cos que figuren nas facturas.
c) No caso de adquisición de bens inmobles, certificado da persoa taxadora independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, que acredite que o gasto que se xustifica corresponde á adquisición do ben.
Sección 4ª. Axudas para a contratación de xerentes ou persoas técnicas
de produción (procedemento TR356C)
Artigo 88. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción que sexan necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira das empresas de inserción.
Esta axuda estará condicionada á xustificación pola empresa de inserción de que coas contratacións obxecto de subvención se suplan carencias para o desenvolvemento da actividade empresarial e seu bo fin.
2. Poderá concederse esta subvención a aquelas empresas de inserción que fosen beneficiarias desta liña de axudas anteriormente, sempre que o total das mensualidades subvencionadas a todas as persoas técnicas ou xerentes non superen en conxunto as 36 mensualidades. O total das mensualidades subvencionadas calcularase tendo en conta a suma de todos os períodos para cada unha das persoas técnicas e/ou xerentes.
3. A persoa contratada para levar a xerencia da empresa deberá desenvolver as seguintes actuacións:
a) Planificar, organizar, xestionar e supervisar as diferentes áreas e departamentos de actuación da empresa en todas as súas áreas funcionais (márketing, vendas, produción, persoal etc.).
b) Planificar a estratexia de captación da clientela, coordinar os aspectos da súa atención e avaliar a satisfacción.
c) Deseñar e presentar proxectos para obter recursos económicos externos para a EI.
d) Supervisar as funcións asignadas ao persoal do centro de traballo e coordinar o seguimento de obxectivos, facilitando a participación de todo o persoal adscrito á organización, tendo en conta os itinerarios de formación e ocupación das persoas en proceso de inserción.
e) Planificar, xestionar e supervisar o estado e o correcto funcionamento das instalacións e equipamento dos centros de traballo.
f) Xestionar e supervisar o plan de prevención de riscos laborais.
4. A misión das persoas técnicas de produción será tutelar a actividade produtiva, proporcionar o adestramento laboral na ocupación ou ocupacións na que realicen a súa actividade as persoas en proceso de inserción e, no caso das empresas de inserción que non conten cunha figura de xerencia específica, xestionar a comercialización da produción.
Artigo 89. Contía da axuda
1. A contía da subvención será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais da persoa contratada, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos por conta da empresa. Non serán subvencionables as indemnizacións por despedimento.
2. Para o cálculo da subvención teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estivesen efectivamente contratadas ata a data de presentación da solicitude.
3. A contía das axudas será como máximo de 10.000,00 € anuais, polo total do período subvencionable, ou o importe proporcional se a duración é inferior.
Artigo 90. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa, na cal consten o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.
b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
c) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
Artigo 91. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
b) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
c) Informe da actuación desenvolvida polas persoas xerentes ou técnicas de produción, acreditativo da realización das funcións descritas nos parágrafos 3 e 4 do artigo 88, segundo corresponda e explicación razoada da mellora acadada pola empresa coa actuación desenvolvida.
d) Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo XIV.
Sección 5ª. Axudas para a contratación de persoas técnicas en orientación
e acompañamento á inserción (procedemento TR356C)
Artigo 92. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de persoal técnico coa finalidade de desenvolver accións de orientación e acompañamento ás persoas traballadoras en proceso de inserción e facilitarlles a súa plena integración laboral en empresas normalizadas.
2. O persoal técnico contratado deberá cumprir algunha das seguintes condicións:
a) Posuír a titulación de técnico superior en integración social.
b) Posuír unha titulación universitaria oficial de grao adecuada ás funcións que vai desenvolver. Consideraranse titulacións universitarias adecuadas aquelas que acrediten coñecementos no ámbito educativo, asistencial, pedagóxico, psicosocial, terapéutico e sociolaboral.
c) Acreditar unha experiencia de dous anos en programas de orientación e acompañamento de persoas desfavorecidas desde a perspectiva laboral e social.
3. A persoa técnica en orientación deberá realizar, como mínimo, as seguintes funcións:
a) Orientación laboral e elaboración de plans persoais de emprego e formación dirixidos á consecución de postos de traballo adecuados ás capacidades e aptitudes das persoas traballadoras en procesos de inserción.
b) Prospección de empresas co obxecto de difundir entre elas as posibilidades de integración laboral das persoas traballadoras en proceso de inserción, así como de estimular a súa contratación informando respecto das vantaxes económicas e sociais que iso supón.
c) Asesoramento e apoio na análise de postos de traballo e no proceso de adecuación da persoa en proceso de inserción aos ditos postos.
d) Mediación laboral mediante a presentación á empresa contratante daquelas persoas traballadoras en procesos de inserción que presenten habilidades e capacidades adecuadas para o posto de traballo que se vaia realizar.
e) Seguimento das incorporacións laborais nunha empresa ordinaria daquelas persoas traballadoras procedentes da empresa de inserción.
Artigo 93. Contía da axuda
1. A axuda será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa ou da entidade promotora. Non serán subvencionables as indemnizacións por despido.
2. Para o cálculo da subvención teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estiveran efectivamente contratadas ata a data de presentación da solicitude.
3. Establecese unha contía máxima de 3.000,00 € por cada persoa traballadora en proceso de inserción atendida, por un período dun ano a xornada completa, ata un máximo de 18.000,00 €.
En caso de que as xornadas de traballo das persoas atendidas sexan a tempo parcial ou as contratacións inferiores a un ano, a subvención reducirase de maneira proporcional.
Artigo 94. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal consten o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van a dedicar.
b) Currículo do persoal técnico contratado ata a data de presentación da solicitude, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
c) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
d) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
Artigo 95. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Currículo do persoal técnico contratado con posterioridade á presentación da solicitude, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
c) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión.
d) Informe da actuación de apoio desenvolta polo persoal técnico, no que conste a relación de persoas traballadoras en proceso de inserción ás cales se prestaron as accións de orientación e acompañamento; as accións desenvoltas, acreditativas da realización das funcións descritas no artigo 92.3, e os resultados obtidos en materia de inserción, debidamente cuantificados e documentados.
e) Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obrigación de informar as persoas traballadoras respecto da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo XIV.
Sección 6ª. Axudas para a formación das persoas no proceso de inserción (procedementoTR356C)
Artigo 96. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada co itinerario de inserción das persoas en inserción para mellorar os coñecementos sobre as funcións propias da súa profesión, así como aquela formación que, sen ter relación cos estudos ou a actividade laboral previa, compleméntena e melloren a empregabilidade das devanditas persoas.
2. A formación será impartida por entidades alleas á empresa de inserción.
Artigo 97. Contía da axuda
A contía da subvención será o 100 % do custo dos servizos, cun límite máximo por empresa de inserción de 3.000,00 €.
Artigo 98. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada e xustificación da súa necesidade para a inserción das persoas en situación ou risco de exclusión social.
b) Certificación emitida pola entidade formadora na que consten, entre outros, os seguintes aspectos:
– Nome da actividade formativa.
– Lugar e datas de realización.
– Módulos que se impartirán e distribución temporal (número de horas).
– Prazo de inscrición.
– Número de prazas.
c) Solicitude de inscrición ou matrícula na actividade formativa, se procede.
d) Facturas, facturas proforma ou orzamentos das actividades formativas.
Artigo 99. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte:
a) Facturas polas actividades formativas realizadas, que deberán estar emitidas dentro do período subvencionable ou, na súa falta, responder de forma indubidable a accións executadas dentro do devandito período.
b) Xustificantes bancarios do pagamento das facturas, efectuado en data igual ou anterior á data límite de xustificación. Nos xustificantes bancarios deberá constar claramente a persoa emisora e perceptora e concepto do gasto, coincidentes cos que figuren nas facturas.
c) Partes asinados polas persoas asistentes á actividade e pola persoa docente ou responsable da formación.
Sección 7ª. Axudas para a mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social (procedementoTR356C)
Artigo 100. Obxecto e condicións para a obtención da axuda
1. Esta liña de axudas ten por obxecto incentivar os labores de mediación laboral, subvencionando ás empresas de inserción pola incorporación ao mercado laboral ordinario dunha persoa traballadora en proceso de inserción.
2. Considerarase que existe unha incorporación ao mercado laboral para os efectos desta axuda nos seguintes supostos:
a) Cando a persoa en proceso de inserción sexa contratada na empresa ordinaria con carácter indefinido ou cando o contrato en inserción se transforme nun contrato indefinido na mesma empresa de inserción.
b) Cando a persoa en proceso de inserción inicie unha actividade por conta propia ou se incorpore como socio traballador a unha sociedade cooperativa.
c) Cando a persoa en proceso de inserción sexa contratada na empresa ordinaria cun contrato temporal de duración igual ou superior a un ano.
3. Para que esta incorporación sexa subvencionable deben darse as seguintes condicións:
a) O prazo entre a baixa na empresa de inserción e a data de alta no mercado normalizado de traballo non poderá ser superior a un mes.
b) Deberán transcorrer tres meses desde a formalización da inserción no mercado laboral ordinario, e o final deste prazo deberá producirse dentro do período subvencionable sinalado na convocatoria.
4. As situacións sinaladas no número 2 deste artigo deberán manterse durante dous anos no caso das letras a) e b) e un ano no caso da letra c).
5. A empresa de inserción deberá realizar o seguimento das persoas inseridas no mercado ordinario de traballo durante un período de 6 meses.
Artigo 101. Contía da axuda
A contía da subvención para a mediación laboral será:
a) 6.000,00 € nos supostos do artigo 100.2, letras a) e b).
b) 2.000,00 € no suposto do artigo 100.2, letra c).
As contías establecidas nos puntos anteriores enténdense para xornadas completas; no suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.
Artigo 102. Documentación complementaria específica
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Declaración da empresa contratante ou sociedade cooperativa, de que a incorporación da persoa traballadora ao mercado laboral ordinario realizouse por mediación da empresa de inserción, ou ben declaración da persoa traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego realizouse mediante o asesoramento, o apoio e o acompañamento da empresa de inserción.
b) Nóminas ou anticipos societarios aboados á persoa traballadora ou ben xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde a alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia.
Artigo 103. Documentación xustificativa específica
A documentación xustificativa específica para esta liña de axudas a que se refire o artigo 65.1.a) é a seguinte: xustificación do seguimento realizado ás persoas inseridas no mercado ordinario de traballo durante 6 meses.
Disposición adicional primeira. Delegación de competencias
Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nas persoas titulares das direccións territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, e na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obrigación e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente cobradas, respecto das resolucións concesoras de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.
Así mesmo, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social para a tramitación e resolución dos expedientes de desconcentración dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.
De conformidade co previsto na disposición adicional segunda do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no suposto de vacante, ausencia, enfermidade, abstención ou recusación da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, as competencias serán exercidas polas persoas titulares da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais e da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego por esta orde.
Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións
Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b), 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Disposición final segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
