DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2025 Páx. 28621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de abril de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación da autorización de vertedura no concello do Grove (expediente DH.V36.65731).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación da autorización de vertedura:

Solicitante: Barlovento, S.A.

NIF: A-36013340.

Expediente: DH.V36.65731.

Lugar: O Porto de Meloxo.

Parroquia: O Grove.

Concello: O Grove.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual: 139.199,04 m3/ano.

Punto de vertedura: X=509.029, Y=4.704.184.

Medio receptor: Ría de Arousa.

Tratamento/evacuación: as augas residuais industriais xeradas na limpeza da planta e no procesamento do mexillón son tratadas nun sistema de depuración deseñado para un caudal de 50 m3/h, constituído por pozo de bombeo, peneira rotativa automática e depósito de decantación.

As augas residuais industriais depuradas vértense á ría de Arousa no dique do peirao a través da condución de vertedura comunitaria existente na zona.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras