DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de maio de 2025 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nun expediente de reclamación de débeda por non pagamento dunha vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

Acto obxecto de notificación

LU 85/100:67

María Isabel Díaz Álvarez

Notificación da liquidación da débeda correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.