De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 6 de maio de 2025
A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 14.4.2023)
Ana Medal Fiel
Xefa de Sección de Persoal, Habilitación, Réxime Interior e Rexistros
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
ES-P-076/24 |
32777382J |
Notificación da resolución |
