O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos, referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2025
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no primeiro cuadrimestre do ano 2025
|
Título convenio |
Obxecto do convenio |
Importe achegado |
Data da |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda. |
Regular a colaboración entre o IGVS e o CAG cos fins de crear as canles de información necesarias para procurar que as persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, de ser o caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións e, finalmente, para a implantación do procedemento de conciliación ou intermediación previsto na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, a través do CAG. |
61.050,00 € |
21.1.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 1 de decembro de 2021, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana O Espiñeiro-Teis en Vigo. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Nº vivendas Acordo 1.12.2021: 30 rehabilitación +32 redistribución= 62 nº vivendas Acordo 10.2.2025. |
Sen achega |
10.2.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2018, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana Núcleo urbano histórico de Padrón (A Coruña). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Nº vivendas Acordo 26.10.2018: 15 rehabilitación +1 redistribución= 16 nº vivendas Acordo 10.2.2025 Nº vivendas Acordo 26.10.2018: 1 edificación -1 redistribución= 0 nº vivendas Acordo 10.2.2025. |
Sen achega |
10.2.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2018, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana conxunto histórico de Cambados (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Nº vivendas Acordo 26.10.2018: 10 rehabilitación +6 redistribución= 16 nº vivendas Acordo 10.2.2025. |
Sen achega |
10.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Tui (Pontevedra), para a creación dun centro de rexeneración urbana de interese autonómico. |
Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Tui, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas. |
152.880,42 € |
5.3.2025 |
|
Addenda I ao acordo nº 33 da Comisión bilateral, que tivo lugar o 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no Concello de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Rehabilitar edificios de vivendas dos ditos ERRP delimitados de Vigo, de acordo cos requisitos exixidos no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. |
Sen achega |
11.3.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2018, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana núcleo histórico de Tui (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Redistribuír o custo e o financiamento inicialmente previstos no acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2018, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais. |
Sen achega |
13.3.2025 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca, Corporación Bancaria, S.A. para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000,00 € |
31.3.2025 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega, para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000,00 € |
31.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos pola falta de pagamento de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda. |
Establecer as condicións de colaboración entre o IGVS e Abanca que permitan a consecución das seguintes actuacións: A) Posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria instados por Abanca e amparadas en convenios anteriores asinados por ambas as entidades. B) Posibilitar a permanencia nas vivendas cedidas en usufruto por Abanca a aquelas persoas que foron realoxadas nelas con base en contratos de arrendamento subscritos co IGVS. C) Destinar, durante un tempo determinado, vivendas baleiras propiedade de Abanca, para dar cobertura a persoas e colectivos afectados por situacións de emerxencia e de especial dificultade ao acceso inmediato á vivenda. |
216.000,00 € |
4.4.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral que tivo lugar o 1 de decembro de 2021, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana dos núcleos de Mugardos e o Seixo en Murgardos, 7ª fase (A Coruña). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: Nº vivendas Acordo 1.12.2021: 2 rehabilitación +1 redistribución= 3 nº vivendas Acordo 8.4.2025 Nº vivendas Acordo 1.12.2021: 2 edificación -1 redistribución= 1 nº vivendas Acordo 8.4.2025. |
Sen achega |
8.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Galicia Constrúe, Clúster da Construción, para o impulso da construción industrializada en Galicia. |
Regular a colaboración entre o IGVS, a Consellería de Economía e Industria e o clúster, para a elaboración dun plan de acción para o impulso da construción industrializada en Galicia, que constitúa a folla de ruta que se seguirá para a transformación do sector da construción, así como un plan director da industria da construción. |
275.492,47 € |
14.4.2025 |
|
Addenda para a segunda prórroga do Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo citado organismo, relativos a vivendas e locais e na xestión do depósito e devolución de fianzas por arrendamentos de predios urbanos. |
Prorrogar a vixencia do Convenio de colaboración subscrito entre o IGVS e Abanca para a xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo IGVS, relativos a vivendas e locais e na xestión do depósito e devolución de fianzas por arrendamentos de predios urbanos, desde o 2 de xullo de 2025 ata o día 1 de xullo de 2027. |
144.408,00 € |
21.4.2025 |
