De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con data do 30 de abril de 2025, dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:
– Informe de auditoría operativa das actuacións, plans, proxectos e programas no ámbito da saúde mental. Actuación [1802023-03].
– Informe de fiscalización sobre a existencia e o cumprimento de cláusulas sociais na contratación pública das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma Galega. Actuación [1902023_03].
Enlace para acceder aos textos completos dos informes:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
