O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de abril de 2025, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Cerdedo-Cotobade polo Acordo do Pleno na sesión do 10 de febreiro de 2025, para desenvolver as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación da taxa pola entrada de vehículos con ou sen vao e reservas de vía pública temporais.
A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 25 de abril de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025000361, do 20.1.2025)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación e Emerxencias
