DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito do Plan xeral de ordenación municipal vixente API P25.2, A Falperra (expediente 631/2024/27).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 10.4.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle no ámbito API P25.2 delimitado no PXOM/13 vixente (A Falperra), de marzo de 2025, promovido polo Concello da Coruña e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, cos números de colexiados do COAG 1440, 1475 e 4754, respectivamente.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor do documento e aos departamentos municipais e outras administracións interesados na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 22 de abril de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda