O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Darlle publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025, que se incorpora no anexo I desta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe total (€) |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), para o impulso da transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i de Galicia |
13.2.2025 |
999.970,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (INCIPIT-CSIC), para a concesión dunha subvención para completar a etapa de formación posdoutoral destinada á contratación dunha investigadora |
3.4.2025 |
153.700,00 € |
