DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servicio de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícase á persoa sinalada no anexo a resolución de desconto de haberes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e os seus anexos, e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución antes citada, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 8 de maio de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Autoridad que o adopta

10853976T

Resolución de desconto de haberes

Directora territorial