DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0530/2024-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0530/2024-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 8 de maio de 2025

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0530/2024-PPM

32771329D

Resolución

Travesía Orillamar, 7, 2º esq., 15001 A Coruña

PSC-CO-0806/2024-PRE

52935584A

Resolución

Rúa Eduardo Pondal, 18, 2º A, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0845/2024-V

53119497P

Resolución

Rúa Touro, 28, 1º D, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0912/2024-PPM

35624930T

Resolución

Rúa Eugenio Carré Aldao, 12, 4º esq.,15007 A Coruña

PSC-CO-0943/2024-ORS

47360839K

Resolución

Fontiña, 17, Corme, 15110 Ponteceso (A Coruña)