Mediante a Resolución do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG número 79, do 25 de abril), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 220, do 20 de novembro).
Unha vez transcorrido o prazo para presentar reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.5.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
As listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderanse consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
