Unha vez presentada a renuncia do presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Pablo Leis Mol como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta suplente do dito tribunal a Paula Coego Montoto, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
