DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar de animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0029/2025-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo tanto, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE número 75, do 29.3.2023, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG número 194, do 11.10.2017), é notificado á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, á sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 8 de maio de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada (DNI/NIE/NIF)

Acto de notificación

ANI-CO-0029/2025-V

DNI 49678870C

Acordo de inicio