DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29260

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2025 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2025 (DOG do 19 de febreiro e BOE do 3 de marzo) convocáronse as probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 27 de marzo de 2025 (DOG do 7 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, a fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Unha vez rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para realizar o primeiro exercicio da fase de oposición, exame de galego, o día 19 de xuño de 2025, ás 10.00 horas, na Sala de Reunións da Área TIC, rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782 Santiago de Compostela.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela