Mediante a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2024 (DOG do 1 de xullo e BOE do 1 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e cinco prazas na escala auxiliar (subgrupo C2) da USC, pola quenda de acceso libre, e mediante a Resolución reitoral do 19 de novembro de 2024 (DOG do 27 de novembro), noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.
Na base 5.5 da Resolución do 20 de xuño de 2024 disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, o reitor
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Lucía Vázquez Salgado, funcionaria da escala de xestión da USC, nomeada como secretaria titular do tribunal cualificador.
Segundo. Nomear a Marta María Balea Cotos, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, como secretaria titular en substitución de Lucía Vázquez Salgado.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
