DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29015

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade durante o primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Arela para o proxecto de difusión e publicidade da medida xudicial de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Arela, para a realización de actividades de difusión e publicidade da medida para a convivencia de persoas ou familias con menores que sexan derivados para tal fin polo Xulgado de Menores de Pontevedra.

25.4.2025

28.209,74 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Labaca no desenvolvemento dun programa de segunda oportunidade para menores dos centros de Concepción Arenal e CIEMA Coruña e de soporte á autonomía dos mozos e mozas que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención á Fundación Labaca, para o desenvolvemento dun programa de segunda oportunidade, para facilitar o tránsito á autonomía e á inserción sociolaboral dos mozos e mozas de idades comprendidas entre 16 e 25 anos, que se encontren cumprindo ou finalicen medidas xudiciais nos centros de Concepción Arenal e CIEMA da Coruña, naqueles casos en que o seu ámbito sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral.

29.4.2025

19.999,55 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, mediante a concesión directa dunha subvención á Federación Gallega de Bancos de Alimentos, para a realización por parte desta dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, legalmente constituídas con esa finalidade, que actúen no territorio galego, incluíndo tamén a adquisición dos alimentos cando a captación resulte insuficiente, o que, en último termo, fai posible que as persoas en risco de exclusión social poidan satisfacer as súas necesidades alimenticias básicas.

22.4.2025

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Monte do Gozo, para a realización, por parte desta dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo. A colaboración céntrase no sostemento dos servizos e accións que se desenvolven no programa e no dispositivo para persoas diagnosticadas con patoloxía dual que a Fundación Monte do Gozo posúe en Vigo.

22.4.2025

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Autismo Galicia, para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, do mantemento da federación e das entidades federadas, así como das actuacións que conforman a programación que ten previsto desenvolver Autismo Galicia durante o ano 2025, orientadas á atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia.

10.4.2025

175.331,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Down Galicia, para o financiamento de programas destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias e do mantemento da federación para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, do mantemento da Federación Down Galicia e dos programas que a Federación Down Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2025 destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.

10.4.2025

1.207.608,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, dos gastos de persoal e gastos correntes de Feafes Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2025, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución das actuacións que conforman os programas de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia que Feafes Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2025

10.4.2025

665.430,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral, para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e do mantemento da entidade para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, do mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como das actuacións que conforman o programa que a Federación Aspace Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2025 dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e ás súas familias desde unha perspectiva global, integral e normalizadora, para mellorar a súa autonomía persoal, a súa calidade de vida e favorecer a integración social e laboral deste colectivo na sociedade galega.

15.4.2025

96.122,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Atención Temperá, para contribuír ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para a realización dun programa de intervención en atención temperá da Asociación Galega de Atención Temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias no ano 2025.

15.4.2025

735.926,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, dos gastos de persoal e gastos correntes de Fegadace e das súas entidades asociadas para o exercicio 2025, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución dos programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias que Fegadace ten previsto desenvolver durante o ano 2025, co fin de procurar acadar a máxima recuperación funcional e autonomía.

15.4.2025

239.187,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, do mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas, así como dos programas, que Cogami ten previsto desenvolver durante o ano 2025, de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias.

16.4.2025

1.069.797,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, do mantemento da federación e dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias residentes en Galicia.

5.3.2025

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Cultural de Formación Permanente de Adultos para o financiamento do proxecto Aulas sénior de Galicia, para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, para a realización do proxecto de actuación das Aulas sénior de Galicia para o exercicio 2025.

12.3.2025

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ares para a realización das actividades de formación e aprendizaxe dos períodos de formación práctica na Residencia de Maiores de Caranza, Ferrol, do alumnado do Obradoiro dual de emprego Reinicia XI.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ares para o desenvolvemento dos períodos de formación práctica do curso Certificado de profesionalidade SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, dentro do Obradoiro dual de emprego Reinicia XI, en centros dependentes da Consellería de Política Social e Igualdade.

14.3.2025

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello do Pereiro de Aguiar para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, para a realización do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que desenvolve o Concello do Pereiro de Aguiar no exercicio 2025.

28.3.2025

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello do Valadouro para a realización do proxecto Envellecemento activo no rural para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, para realizar o proxecto Envellecemento activo no rural, que o Concello do Valadouro ten previsto desenvolver durante o ano 2025 na procura dun envellecemento activo e participativo desde unha perspectiva integral biopsico-social, que promova a loita contra a soidade non desexada e a interacción e participación das persoas maiores residentes no concello, reforzando as súas capacidades cognitivas, físicas, funcionais, emocionais e sociais.

28.3.2025

60.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, para colaborar na sensibilización social fronte á violencia de xénero e na formación de profesionais en materia de igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, para a realización de accións de sensibilización social fronte á violencia de xénero e na formación de profesionais en materia de igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

14.2.2025

15.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

24.4.2025

50.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

24.4.2025

50.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación de Solidaridad Amaranta, para o mantemento dun centro de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero, así como as súas fillas e fillos menores, derivadas desde a coordinación da Rede galega de acollemento.

29.4.2024

252.000,00 €