DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29019

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 33/2025, do 12 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Lourenzá dun tramo antigo da estrada LU-122, xunto co seu dominio público viario (DPV), no lugar de Oural.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Lourenzá solicitoulle á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada autonómica LU-122, Paraxes-Lourenzá, situado na marxe dereita do p.q. 25+170, no lugar de Oural. A modificación do trazado da estrada LU-122 fixo que este treito antigo quedase en desuso, e relegouse o seu servizo ás edificacións e veciños situados nesa marxe.

Este treito antigo tivo unha lonxitude de 235 m que, actualmente, pola implantación dunha especie de zona de lecer ou zona verde con mesas, bancos e árbores, quedou reducido a unha lonxitude menor de plataforma asfaltada (190 m). Polo tanto, considerando todo o que foi treito antigo da actual LU-122, iría desde o actual p.q. 25+350 MD da LU-122 (sen acceso) ata o actual p.q. 25+590 MD da LU-122 (con acceso). Así mesmo, a delimitación do DPV que se vai transferir axústase á totalidade da zona de lecer e ao contorno de explanación da actual LU-122.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do tramo que se define no artigo 1, o cal desde o punto de vista de planificación carece de funcionalidade dentro da RAEG, polo que cumpre co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos cales forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente».

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de maio de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Lourenzá do treito antigo da estrada LU-122, xunto co seu dominio público viario, no lugar de Oural, parroquia de San Tomé:

Denominación

Inicio en

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29)

Final en

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29)

Lonx. (m)

Superficie

DPV m2

1

Treito antigo da LU-122 en Oural

25+350 MD

LU-122

(sen acceso)

x = 637.374

y = 4.808.656

25+590 MD

LU-122

x = 637.143

y = 4.808.628

236

3.748

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Lourenzá, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, doce de maio de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas