DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 9 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións de persoas traballadoras ou asimiladas non perceptoras de prestacións por desemprego (lote 469).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, e presentarán a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpor, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o Xulgado do Social competente no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de maio de 2025

José Antonio Rodríguez Fachado
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

53859526N

53859526N/11-03-2025/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35575451V

35575451V/04-12-2024/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

35631874K

35631874K/18-12-2024/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36118330G

36118330G/19-12-2024/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36118790G

36118790G/05-12-2024/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

77973189S

77973189S/13-12-2024/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Grove, O

X3696683P

X3696683P/09-01-2025/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

Y3685965E

Y3685965E/07-01-2025/4.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Vigo