No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de decembro de 2021, modificadas polas resolucións do Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 29 de agosto de 2024 e 19 de febreiro de 2025, publicadas nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, nº 171, do 5 de setembro de 2024, e nº 44, do 6 de marzo de 2025, relativas á seguinte convocatoria:
– 1 praza de técnico/a de Medio Ambiente, quenda libre, (subgrupo A1), C.E. 13/18.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 28 de abril de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
