DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29300

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da resolución e adxudicación de postos de traballo referente á fase de resultas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 80, do 29 de abril de 2025, publicáronse a resolución e adxudicación de postos de traballo referente á fase de resultas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello da Coruña, C.E. 1/19 convocada pola Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana do 9 de abril de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 93, do 14 de maio.

Polo que, en cumprimento do establecido na base 10 das bases reguladoras da convocatoria, se publica este anuncio para os efectos oportunos.

A Coruña, 29 de abril de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica